Sábado, 5 Xullo de 2025

Val Miñor

Os Premios Nacionais de Vela recoñecen a Joan Cardona como mellor regatista olímpico

Era o máis novo do equipo español e foi o último en sumarse ao escuadrón de regatistas que acudiron a Tokio 2020 representando a España, pero nin unha cousa nin a outra lle impediron lograr o seu ansiado soño de colgarse ao pescozo unha medalla olímpica.

Unha xornada diferente no proxecto Vincúlate de Baiona

O pasado martes, e dentro das actividades levadas a cabo no proxecto Vincúlate, os participantes recibiron a visita do alcalde de Baiona, Carlos Gómez, e da concelleira de servizos sociais, Conchy Vara, que aproveitaron a ocasión para facerlles entrega dunhas camisetas.

Nigrán rende a súa particular homenaxe ao finalista olímpico de 800 metros Adrián Ben

O Concello de Nigrán rendeu onte a súa particular homenaxe a Adrián Ben, primeiro atleta español finalista olímpico na proba de 800 metros en Tokio.

O alcalde de Baiona reclama sanitarios para o municipio

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, como xa o fixo antes de comenzar o verán, reclama sanitarios para o concello.

O Concello de Baiona suspende a Arribada 20/21

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, despois de consensuar as diferentes opcións coas asociacións de empresarios e comerciantes e o tecido asociativo, que son os que axudan a que a Arribada pódase levar a cabo, tomou a decisión xunto co seu grupo de goberno de suspender a Arribada 20/21.

Mondariz e Nigrán impulsan o deporte e a cultura grazas á Deputación

A Deputación de Pontevedra non cesa a súa aposta polas industrias creativas e o deporte. Co obxectivo de facer chegar a súa programación cultural e deportiva a todos os recunchos da provincia e democratizar así as actividades lúdicas, o ente provincial ten programadas ata 10 actividades en 9 concellos do territorio para esta terceira fin de semana de agosto.

Manuel Budiño estará este sábado no festival Chandefolk en Nigrán

O Concello de Nigrán consagra este ano o festival Chandefolk ao emblemático gaiteiro Xosé Manuel Budiño, que ofrecerá este sábado 21 de agosto ás 22:00 horas no merendeiro de Chans de Rapadouro de Chandebrito (xunto ao campo de futbol) un concerto no que cobrará especial protagonismo o seu derradeiro disco 'Fulgor', pero tamén repasará o seu primeiro traballo Paralaia, gravado no 1997.

Concello de Nigrán e Prado Surf ofrecen a proxección do documental ‘Momentum Generation’ hoxe en Patos

O Concello de Nigrán e Prado Surf ofrecen hoxe mércores, ás 22:00 horas en Patos, a proxección de 'Momentum Generation', a nova película documental producida por Robert Redford.

Nigrán prepárase para vivir a segunda edición de ‘Parrulas Fest’ festival dedicado á infancia con dez compañías galegas e unha andaluza

O Concello de Nigrán ofrece desde o mércores 18 ao sábado 21 a segunda edición do Parrulas Fest no esteiro de A Foz da Ramallosa, festival producido desde a cooperativa Charlatana e dirixido a público infantil e familiar.

A Mancomunidade do Val Miñor inaugura o obradoiro ‘Pedras de Miñor’ dirixido a menores de 30 anos

O presidente da Mancomunidade do Val Miñor, o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, acompañado polos rexedores dos outros Concellos que integran esta entidade –Carlos Gómez, rexedor de Baiona, e Juan González, alcalde de Nigrán–, xunto a xefa territorial de Emprego e Igualdade da Xunta en Vigo, Marta Mariño, inauguraron onte o obradoiro 'Pedras do Miñor', enmarcado no Plan de Garantía Xuvenil, cofinanciado por l Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego xuvenil, cunha dotación de preto de 369.493 euros.

Gondomar remata una nova fase na reforma do Camiño de Sequeirós, unha das arterias de acceso á localidade

Gondomar inaugurou a segunda fase da mellora do camiño de Sequeirós coa actuación acometida sobre a coñecida como 'Estrada de Rasas' na que se executaron, básicamente, as obras de reposición do pavimento asfáltico. Complétase así o proxecto iniciado coas obras no tramo do camiño de Sequeirós co cruzamento coa PO-340, no que se ampliara, na primeira fase, o espazo pola marxe dereita dotándoo de beirarrúas e ampliando o ancho de calzada que “era escaso facendo o paso de vehículos moi axustado, e moi difícil para os peóns”.

Nigrán abre ata o 9 de setembro o prazo de presentación de solicitudes de axudas para asociacións do municipio

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publica onte o anuncio coa apertura do prazo para a concesión de subvencións do Concello de Nigrán para as diferentes entidades do municipio (culturais, veciñais, festeiras ou deportivas). O prazo de solicitude é dun mes, finalizando o 9 de setembro (inclusive).