O Concello de Nigrán ofrece este sábado 25 de setembro ás 20:00 no Auditorio Municipal a proxección do recén estreado documental galego 'Negro Púrpura', a cargo da produtora Illa Bufarda e baixo a dirección de Sabela Iglesias e Adriana P. Villanueva. A entrada é de balde ata completar o aforo.
O compromiso do Vive Nigrán coa súa contorna e coa sostibilidade está desde hoxe plasmado na escultura “Balmi”, unha doazón do Festival integrado na marca Rías Baixas Fest da Deputación ao Concello e que xa loce na rotonda máis próxima ao campo de Monte Lourido en Praia América, onde se celebra o evento.
O Concello de Nigrán, a través da Biblioteca Municipal, ofrece este este venres 24 de setembro no Auditorio Municipal ás 18:00 horas o contacontos 'Unha viaxe para cantar e contar' a través do programa de dinamización á lectura “Ler conta Moito”.
O Concello de Nigrán ven de habilitar o seu segundo espazo específico de esparexemento para cans do municipio (o primeiro está na Ramallosa) no núcleo urbano de Nigrán, nunha parcela municipal fronte a nova Biblioteca
Tras o éxito da aposta esta nova tempada estival por diferentes iniciativas coas que dar a coñecer a riqueza patrimonial e cultural do municipio, a Concellería de Turismo, a cargo do alcalde, Carlos Gómez, decidiu ampliar a oferta ao mes de setembro despois da gran acollida que tivo a iniciativa nos meses de verán.
O Goberno local de Baiona ofrecerá un curso académico, co correspondente exame grao B1 de inglés, en colaboración coa academia local “Royal Celtic Bay English Language School”, á fronte de Loreto Valenzuela Lenda.
O Concello de Nigrán iniciou esta semana as obras para rehabilitar e dotar de accesibilidade universal a cafetería das instalacións municipais de Dunas de Gaifar co obxectivo de, a posteriori, sacar a concurso público a súa xestión.
O Concello de Nigrán informa que, como consecuencia da execución de traballos de mantemento na rede de distribución de auga por parte da empresa concesionaria Aqualia, é preciso realizar unha suspensión temporal do subministro este xoves 23 de setembro.
O Concello de Nigrán súmase por séptimo ano consecutivo este domingo 26 de setembro á Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos” coordinada por Adega nunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social.
O taller “Cultiva a mente” reanúdase tras a pandemia e contou coa presenza do presidente de AFAGA, Juan Carlos Rodríguez, xunto á concelleira de Benestar Social de Gondomar, Nuria Lameiro.
O Concello de Nigrán e a ponte romana de A Ramallosa iluminaranse novamente esta noite de verde para conmemorar o Día Mundial do Alzhéimer, cor que representa a doenza neste día 21 de setembro establecido pola Organización Mundial da Saúde.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.