Martes, 8 Xullo de 2025

Val Miñor

Gondomar recibe de Caixabank 5000 euros anuais para adquirir alimentos

Un ano máis o goberno local de Gondomar e a entidade crediticia aúnan esforzos para axudar ás familias máis vulnerables do municipio coa achega, por parte da Obra Social da Fundación da Caixa, de 5000 euros anuais que se destinarán para a adquisición de alimentos e produtos de primeira necesidade.

Nigrán ofrece un baile de Samaín e chocolatada este luns

O Concello de Nigrán ofrece este luns 1 de novembro de 17:00 a 18:00 horas no Auditorio Municipal un baile de Samaín dirixido a todo tipo de públicos e co único requerimento de acudir co disfraz máis terrorífico posible.

Nigrán amplía o prazo de inscrición para que crianzas nadas entre 2010 e 2013 poidan anotarse a surf

O Concello de Nigrán amplía a este xoves 28 de outubro a inscrición na actividade municipal de surf para nenos e nenas nacidas entre 2010 e 2013. Os interesados poden anotarse mañá no Pavillón de Panxón de 9:00 a 13:00 horas (empadroados ou non).

Fernández-Tapias supervisa o remate das obras no IES Primeiro de Marzo de Baiona

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, achegouse hoxe ata o IES Primeiro de Marzo en Baiona para supervisar o remate das obras que, segundo dixo, “suporán unha importante mellora desde o punto de vista enerxético”.

Baiona acolle o Trail Trans Serra da Groba

O pasado día 24 de outubro, finalizou o prazo de inscrición do 8ª Trail Maratón de Montaña “Serra dá Groba 2021” e será o vindeiro venres día 29 de outubro, desde as 17:00 horas ata as 21:00 horas, cando farase a entrega de dorsales a todos os participantes do Trail e Trailiño.

Baiona ratifica o seu compromiso con Avelaíña asinando un novo convenio

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, e a presidenta da asociación “Avelaíña”, Fernanda Orduna, volveron ha rubricar o convenio de colaboración polo que a asociación recibirá unha subvención do Concello de Baiona para dar información e asesoramento aos veciños e veciñas do municipio que o precisen.

Nigrán consigna no pleno investir para adquirir un minibús, o mosaico romano de Panxón ou habilitar un ximnasio no CEE Juan María

O goberno local de Nigrán aprobou en solitario no pleno ordinario de onte unha modificación de crédito por importe de 490.000 € para destinar cartos procedentes do Remanente á compra do anunciado minibús eléctrico (320.000 €), á repatriación do mosaico romano de Panxón (40.000 €) ou á creación dun ximnasio no CEE Juan María, entre outras cousas.

Baiona acolleu as degustacións de ‘Écociña no Camiño’

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participou na presentación de Écociña no Camiño na praza de abastos de Baiona, onde se ofreceron degustacións de balde coa denominada Prazaneta.

Nigrán abre mañá o prazo de inscrición na primeira escola de surf municipal para crianzas nadas entre 2010 e 2013

O Concello de Nigrán incorpora o surf a súa oferta de actividades deportivas municipais por vez primeira na súa Historia. As clases, que comezan o 2 de novembro e serán semanais, estarán impartidas por monitores federados da Asociación de Escolas de Surf de Patos e están dirixidas a crianzas nadas entre os anos 2010 e 2013

Baiona pavimentará e mellorará a accesibilidade de A Granxa

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Vías e Obras, impulsou dúas actuacións coas que levará a cabo a pavimentación da estrada da Granxa e do camiño Cachadas en Belesar.

Nigrán estreouse cunha andaina logo de sumarse ao II Encontro Autonómico de Consellos de Participación Infantil e Adolescente

O Concello de Nigrán continúa a dar pasos de cara a obter o selo 'Cidade Amiga da Infancia' outorgado desde Unicef. Deste xeito, o Consello de Participación Infantil e Xuvenil do Concello de Nigrán (creado en xuño) estreou este venres e sábado a súa andaina ao sumarse con 5 representantes ao II Encontro Autonómico de Consellos de Participación Infantil e Adolescente.

O Concello de Nigrán e FEGADACE colaboran na sensibilización e prevención do dano cerebral cunha charla

A información sobre o dano cerebral adquirido chega a Nigrán pola man da colaboración entre o concello pontevedrés e a Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE).