Xoves, 3 Xullo de 2025

Nigrán

Nigrán renova a súa imaxe corporativa cun novo logotipo baixo o eslogan ‘equilibrio natural’

O Concello de Nigrán aproveita o inicio da tempada estival para renovar a súa característica marca turística tras máis de vinte anos de vixencia.

Nigrán abre o prazo de inscrición para o roteiro do mércores polo esteiro do Miñor

O Concello de Nigrán arranca este mércores 7 de xullo cos seus roteiros guiados encadrados na programación de verán ‘Nigrán, equilibrio natural’. Este primeiro será polo esteiro do río Miñor con saída ás 10:00 horas desde a Alameda de San Campio (A Ramallosa).

Nigrán regresa en xullo coa súa programación ‘Equilibrio natural’

O Concello de Nigrán continúa este verán co seu lema ‘Nigrán, equilibrio natural’ para presentar unha programación sociocultural de xullo chea de actividades ao aire libre, concertos, roteiros, festivais, etc. para todo tipo de públicos e gustos.

Carlos Núñez regresa, por aclamación popular, a Monteferro o 7 de agosto

O Concello de Nigrán ofrecerá novamente dentro da súa programación especial de verán o concerto estelar de Carlos Núñez o 7 de agosto no miradoiro de Monteferro como parte da xira conmemorativa do 25 aniversario de A irmandade das estrelas’ O gaiteiro internacional, que debutou o ano pasado neste marabilloso escenario natural esgotando as entradas en sendas citas de Lugares Máxicos, ofrece nesta ocasión un concerto baseado no seu primeiro disco (que Sony Music reeditará en vinilo e sae á venda o 2 de xullo).

Nigrán adía para os días 22 e 23 de xullo o ‘Solpor Monteferro’ polas malas previsións meteorolóxicas desta fin de semana

O Concello de Nigrán vén de anunciar o adiamento do Solpor Monteferro aos días 22 e 23 de xullo por mor das malas previsións meteorolóxicas para esta fin de semana. O Festival volve ao seu escenario inicial, "o mellor escenario do mundo", o miradoiro de Monteferro tras terce celebraro o ano 2020 no espazo público de Gaifar.

Zona Franca realizará un plan estratéxico para Nigrán, Baiona e Gondomar

O Consorcio da Zona Franca poñerá en marcha o desenvolvemento dun plan estratéxico de Nigrán, Gondomar e Baiona e a comarca do Val Miñor. O delegado do Estado, David Regades, asinou onte no Parador de Baiona un acordo cos tres alcaldes.

A Xunta mellorará a seguridade viaria na estrada PO-552 ao seu paso por Nigrán

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar a reformulación do proxecto de mellora de seguridade viaria na estrada autonómica PO-552 na zona das Rexas, ao seu paso polos concellos de Vigo e de Nigrán.

O alcalde de Nigrán recibe ás campioas da Liga Galega de Petanca

O Club de Bolos da Carrasca é unha institución de casi 100 anos de antiguidade moi vinculada á emigración cunha gran aportación á actividade cultural e deportiva do municipio, desenvolvendo dende moitos anos unha tarefa continua de promoción, difusión e defensa da cultura tradicional galega e do deporte.

O ‘Solpor’ de Nigrán regresa ao miradoiro de Monteferro onde se darán cita as mellores bandas da comarca

O Concello de Nigrán regresa ao mellor escenario do mundo, o miradoiro de Monteferro, para abrir a programación de verán coa quinta edición do...

Nigrán organiza as festas patronais de San Pedro co novo espectáculo do ‘Bruxo Queimán’

O Concello de Nigrán continúa co seu programa ‘Música nas Parroquias’ organizando as festas patronais de San Pedro da Ramallosa coa gran actuación do ‘Bruxo Queimán’ o 28 de xuño (22:30 horas) no Torreiro de San Pedro.

Concello de Nigrán e as Escolas de Surf de Patos festexan este domingo o ‘International Surfing Day’

Concello de Nigrán e Escolas de Surf de Patos abren a tempada de verán este domingo 27 de xuño festexando o ‘International Surfing Day’, unha xornada mundial simultánea adicada á promoción desde deporte e a súa cultura. Durante este día desde Nigrán achegarase ao público a cultura e o deporte do Surf a través de cursos, talleres e diferentes actividades completamente gratuítas, ademais de ter a oportunidade de coñecer a surfeiros profesionais e compartir valores de convivencia e respecto polo medio ambiente.

A nova escavación no Castro de Chandebrito revela o comercio dos seus habitantes con Roma

O Concello de Nigrán e a Comunidade de Montes de Chandebrito dan un paso máis na musealización do Castro da parroquia cunha terceira escavación xa a piques de finalizar e que foi subvencionada íntegramente con 13.000 € da Deputación de Pontevedra como parte das súas axudas para rehabilitar e sinalizar o patrimonio histórico-cultural.