O alcalde de Nigrán, Juan González, a conselleira de Política Social, Fabiola García, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, asistiron na praia de Patos, en Nigrán, ao primeiro Campionato galego de surf adaptado, que comezou onte e que se celebrará ata o domingo.
O Concello de Nigrán ofrece este sábado 25 de setembro ás 20:00 no Auditorio Municipal a proxección do recén estreado documental galego 'Negro Púrpura', a cargo da produtora Illa Bufarda e baixo a dirección de Sabela Iglesias e Adriana P. Villanueva. A entrada é de balde ata completar o aforo.
O compromiso do Vive Nigrán coa súa contorna e coa sostibilidade está desde hoxe plasmado na escultura “Balmi”, unha doazón do Festival integrado na marca Rías Baixas Fest da Deputación ao Concello e que xa loce na rotonda máis próxima ao campo de Monte Lourido en Praia América, onde se celebra o evento.
O Concello de Nigrán, a través da Biblioteca Municipal, ofrece este este venres 24 de setembro no Auditorio Municipal ás 18:00 horas o contacontos 'Unha viaxe para cantar e contar' a través do programa de dinamización á lectura “Ler conta Moito”.
O Concello de Nigrán ven de habilitar o seu segundo espazo específico de esparexemento para cans do municipio (o primeiro está na Ramallosa) no núcleo urbano de Nigrán, nunha parcela municipal fronte a nova Biblioteca
O Concello de Nigrán iniciou esta semana as obras para rehabilitar e dotar de accesibilidade universal a cafetería das instalacións municipais de Dunas de Gaifar co obxectivo de, a posteriori, sacar a concurso público a súa xestión.
O Concello de Nigrán informa que, como consecuencia da execución de traballos de mantemento na rede de distribución de auga por parte da empresa concesionaria Aqualia, é preciso realizar unha suspensión temporal do subministro este xoves 23 de setembro.
O Concello de Nigrán súmase por séptimo ano consecutivo este domingo 26 de setembro á Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos” coordinada por Adega nunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social.
O Concello de Nigrán e a ponte romana de A Ramallosa iluminaranse novamente esta noite de verde para conmemorar o Día Mundial do Alzhéimer, cor que representa a doenza neste día 21 de setembro establecido pola Organización Mundial da Saúde.
O Concello de Nigrán abre desde este martes 21 de setembro e ata o venres 24 de setembro o prazo para que os empadroados do municipio se inscriban nas actividades socio-deportivas e culturais municipais, que arrincarán o 4 de outubro e rematarán o 31 de maio. Igualmente, o Concello abrirá novamente o prazo de inscrición do 28 ao 30 de setembro (aquí poden anotarse os non empadroados) para aquelas actividades nas que aínda quedase aforo.
O Concello de Nigrán ofrecerá o vindeiro venres 24 de setembro ás 20:00 horas no Auditorio Municipal a charla do surfista Aitor ‘Gallo’ Francesena, actual campión nacional e internacional de Surf Adaptado na categoría para cegos e quen tratará de revalidar estes títulos en Patos, praia que coñece pero onde todavía non surfeou.
O Concello de Nigrán súmase por segundo ano consecutivo ao proxecto Libera '1m2 polas praias e mares' cunha xornada de limpeza matinal este domingo 19 de setembro en Praia América. O punto de encontro é ás 11:00 horas no campo de fútbol de Lourido, desenvolvéndose a acción especialmente na contorna do peirao, onde só é posible a limpeza manual.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.