Mércores, 2 Xullo de 2025

Nigrán

Nigrán ofrece o filme-concerto ‘Piratas e sereias, ostras e baleias’ entre a Space Ensemble portuguesa e o alumnado da Escola de Música Gain Over...

O Concello de Nigrán ofrece este domigo 12 de decembro ás 18:00 horas no Auditorio Municipal o filme-concerto colaborativo ‘Piratas e sereias, ostras e baleias’ entre a Space Ensemble portuguesa e o alumnado da Escola de Música Gain Over de Nigrán grazas ao programa ‘Garantir Cultura’ do goberno de Portugal para paliar os efectos da pandemia neste sector.

Nigrán ofrece este sábado a obra de Teatro do Ar ‘Distintas Compañías’

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial de Nadal e no marco do convenio con FEGATEA, presenta este sábado ás 20:00 horas no Auditorio Municipal a obra 'Distintas Compañías de Teatro do Ar'.

O xefe territorial de Educación informa aos veciños de Nigrán da imposibilidade de desafectar a casa de mestres

O xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade na provincia de Pontevedra, César Pérez Ares, reuniuse onte pola mañá con veciños de Nigrán para explicarlles a imposibilidade de desafectar a casa de mestres da Escola de Educación Infantil de Camos, neste concello, por estar ocupada por unha docente.

Nigrán informa da apertura do prazo para o Programa de Termalismo Social do IMSERSO

O Concello de Nigrán informa que xa está aberto o prazo para o Programa de Termalismo Social do IMSERSO dirixido a: pensionistas xubilados, pensionistas por incapacidade permanente, pensionistas por viudedade igual ou maiores de 55 anos, pensionistas por outras causas igual ou maiores de 60 anos, persoas igual ou maiores a 65 anos aseguradas ou beneficiarias do sistema de seguridad social.

A Deputación instalará sistemas sostibles de xestión da auga en Nigrán, Ponteareas e A Cañiza

A Deputación de Pontevedra vén de recibir novamente boas noticias dende Europa. Unha vez máis o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) concedeu subvencións a proxectos ata en 8 concellos da man da institución provincial.

Nigrán inicia as obras para abastecer a preto de cen vivendas de Camos e A Tarela

O Concello de Nigrán iniciou a semana pasada as obras para ampliar a rede de abastecemento de auga inicialmente a 90 vivendas de Camos e A Tarela a través de tres conexións coa tubaxe xeral na rúa dos Pazos (os puntos xa quedaran previstos cando se realizou esta primeira obra no 2017).

A Xunta elimina un punto de vertido de augas residuais do río Muíños de Nigrán

A Xunta vén de eliminar un punto de vertido de augas residuais á desembocadura do río Muíños, no concello de Nigrán.

Aberta a inscrición para a última ruta ornitolóxica “Voando nas Rías Baixas”

A Deputación de Pontevedra abre hoxe martes, 7 de decembro, o prazo de inscrición para a quinta e última das rutas ornitolóxicas programadas dentro da cuarta edición do programa “Voando nas Rías Baixas”.

Nigrán ofrece hoxe a curtametraxe de Aaron Siebert ‘Elas’

O compositor e cineasta Aaron Siebert, con raíces en Camos, presenta esta tarde ás 20:00 horas no Auditorio Municipal a súa ópera prima "Elas", película inspirada na súa avoa e na que rende homenaxe ás mulleres galegas.

O Concello de Nigrán ofrece a película ‘La Estrella’ o vindeiro domingo

O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información a Muller (CIM), reprograma aproxección da longametraxe ‘La Estrella’ para o domingo 12 de decembro ás 19:00 horas en autocine no aparcadoiro de Praia América (fronte a desembocadura do Río Muíños).

Arranca a campaña ‘Este Nadal merca en Nigrán’

O Concello de Nigrán, xunto coa asociación de empresarios Ovalmi, arrancan hoxe unha nova campaña de promoción do comercio local coa presentación en redes do vídeo #EsteNadalMercaEnNigrán.

Nigrán arranca a programación cultural de Nadal este sábado

O Concello de Nigrán, despois do acendido deste venres ás 20:00 horas con Tony Lomba e Manuel Manquiña, arranca esta fin de semana coa programación especial de Nadal coa obra de sombras chinescas ‘Carolina Ultrasónica’ da Asociación Teatral Paso de Valverde (Arteixo) o sábado 4 ás 20:00 no Auditorio Municipal (público familiar).