Sábado, 5 Xullo de 2025

Nigrán

Nigrán acolle o martes unha charla para aprender a usar os parques biosausables

O Concello de Nigrán acolle o martes 31 de maio (se a climatoloxía o permite) a súa primeira charla charla explicativa sobre o correcto uso dos parques biosaudables

Esta fin de semana será o #mayosolidario do Banco de Alimentos

A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo mobilizará 15 voluntarios este venres e sábado, 27 e 28 de maio, para participar no #mayosolidario organizado, por décimo ano consecutivo, por parte do supermercado Gadis.

Nigrán ofrece o domingo o ‘I Encontro de Ioga’ na praia de Patos

O Concello de Nigrán ofrecerá este domingo a partir das 17:30 horas na Praia de Patos o seu 'I Encontro de Ioga' aberto ao público a cargo do gran mestre internacional Madhana, pioneiro nesta disciplina en España, o introductor en Galicia e fundador e director do Centro Sananda en Vigo.

Nigrán ofrece tres cursos gratuítos para mellorar a empregabilidade

O Concello de Nigrán ofrece tres novos cursos encadrados no seu 'Plan de Formación para o Emprego 2022' tendo en conta os perfís máis demandados no municipio: Repoñedor, Atención ao Cliente e Caixeiro.

Nigrán arrancará o mes de xuño cos quioscos de praia en pleno funcionamento

O Concello de Nigrán ven de adxudicar os quioscos de praia do municipio por un importe total de 153.948 € con prezos de licitación que oscilaron desde os 30.525 € de Panxón aos 7.300 € do posto de churros de Lourido.

Nigrán acolle o domingo a VI edición da “Nocturna Nigrán S4”

Concello de Nigrán, seguros S4 e Noko360 ofrecen este domingo 28 de Maio a VI "Nocturna Nigrán S4” con record de inscritos ao superar xa a barreira dos 500 corredores.

O Concello de Nigrán instala un columpio múltiple no parque de Praia América

O Concello de Nigrán investíu 3.279 € na compra dun columpio múltiple para o parque de Praia América, onde xa está instalado.

O Concello de Nigrán abre ata o 13 de xuño o prazo de solicitude para facer fogueiras en San Xoan

O Concello de Nigrán abre o prazo ata o 13 de xuño inclusive para solicitar autorización para facer unha fogueira en San Xoan. As persoas físicas ou xurídicas deben dirixirse ao Rexistro Xeral do Concello ou Sede Electrónica, onde farán constar na solicitude o lugar elixido para facela.

O camiño do Carreiro de Patos xa conta cunha rede de saneamento total

O Concello de Nigrán ven de dotar de saneamento o camiño do Carreiro, en Patos, ao carón da Praia de Abra, tal e como tiñan demandado os veciños.

O alcalde de Nigrán despede ao ‘Acro Club Nigrán’ antes de participar na ‘Maia International Acro Cup’

O alcalde de Nigrán, Juan González, despedíu onte na Casa do Concello ao 'Acro Club Nigrán' antes de partir cara a Portugal para participar na 'Maia International Acro Cup', a competición máis importante do mundo de ximnasia acrobática

#haztevoluntario do Banco de Alimentos e participa no Maio Solidario de Gadis en Mos, Nigrán e Tui, os vindeiros 27 e 28 de maio

A Fundación Provincial Banco de Alimentos necesita voluntarios para poder desenvolver con éxito o #mayosolidario en supermercados Gadis de toda a provincia, incluído o situado en Sanguiñeda (Mos).

Lucenza-Ateneo de Nigrán organiza este venres unha conferencia de Xesús Alonso Montero sobre Florencio Delgado Gurriarán

Lucenza - Ateneo de Nigrán organiza este venres 13 de maio, ás 20.00 horas, no Auditorio municipal, unha conferencia do profesor Xesús Alonso Montero, que leva por título “Florencio Delgado Gurriarán: republicano, galeguista, exiliado”.