Luns, 7 Xullo de 2025

Nigrán

Nigrán e o alumnado do CEIP Humberto Juanes reciben á medallista Susana Rodríguez

O alcalde de Nigrán, Juan González, deu á benvida esta mañá á gran medallista olímpica Susana Rodríguez Gacio, quen ofreceu no Auditorio Municipal unha charla dirixida a alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria do CEIP Humberto Juanes encadrada no proxecto educativo do centro sobre traballo cooperativo e de integración.

O CB Nigrán homenaxea a “Tino” na súa presentación de temporada

O Club Baloncesto Nigrán viviu onte a festa de presentación dos seus 10 equipos para esta nova tempada 2022/2023, que terminou cun homenaxe emotivo a "Tino", traballados do pavillón, recentemente falecido.

Nigrán porá en valor un gran petroglifo en Camos

O maior petróglifo de círculos concéntricos de Nigrán será desvelado para o gran público nas vindeiras semanas.

Nigrán ofrecerá un filme o domingo con motivo do ‘Mes da Memoria’

O Concello de Nigrán continúa coa programación especial polo 'Mes da Memoria' este domingo 16 de outubro ás 19:00 horas no Auditorio Municipal coa proxección de 'Mientras dure la guerra'.

Roberto Mera presentará o seu libro ‘Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos’ en Nigrán

O Concello de Nigrán e o Instituto de Estudos Miñoranos ofrecen este mércores 12 de outubro ás 19:00 horas no auditorio municipal a presentación do libro 'Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos'.

Nigrán culmina hoxe o trasdalo de libros á nova biblioteca

O Concello de Nigrán finalizará hoxe o traslado de libros da vella biblioteca municipal no Ceán á nova en Estrada pola Vía. Os 50.000 exemplares xa ocupan os novos andeis tras contratar o Concello á mudanza a unha empresa especializada neste traballo.

Avelaíña conmemora o Día Mundial da Saúde Mental baixo o lema “Dalle like á saúde mental”

O 10 de outubro conmemórase o Día Mundial da Saúde Mental, celebración que conta co apoio da Organización Mundial da Saúde (OMS) e que este ano centra a súa temática na saúde mental na infancia e na mocidade.

Nigrán abre o ‘Mes da Memoria’ cunha proxección o domingo

O Concello de Nigrán abre a programación especial polo 'Mes da Memoria' este domingo 9 de Outubro ás 19:00 horas no Auditorio Municipal coa proxección de 'La trinchera infinita', a través do cineclub Val Miñor Alice Guy.

O Concello de Nigrán creará unha nova horta comunitaria

O Concello de Nigrán inicia este mércores a súa andaina para contar cun segundo horto urbano comunitario no parque Vázquez Grela (Nigrán) da man da cooperativa local 'SomosTerra' (encargada tamén de dirixir os cultivos nos centros escolares de Nigrán promovidos desde o Consistorio).

O CEIP Carlos Casares de Nigrán conta xa cos patios exteriores renovados

O Concello de Nigrán, coa colaboración da ANPA do CEIP Carlos Casares de Vilariño, vén de transfomar dous patios exteriores que dan acceso ao centro educativo pola parte posterior.

O Museo de Pontevedra acolle a visita de medio cento de maiores de Nigrán

Medio cento de maiores de Nigrán gozaron esta mañá da exposición temporal 'Ruth Matilda Anderson. Unha viaxe pola indumentaria tradicional galega' (Museo de Pontevedra) e posterior visita e xantar en Pontecaldelas coincidindo coa feira deste municipio pontevedrés.

O auditorio de Nigrán ofrecerá este sábado a obra ‘O que hai que ver!’

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 8 de Outubro ás 20:00 horas no Auditorio Municipal a obra 'O que hai que ver!' da compañía de teatro Fulano, Mengano e Citano.