Luns, 12 Maio de 2025

Gondomar

Gondomar e a Deputación avanzan na mellora da seguridade viaria no municipio

Acceder ao centro urbano de Gondomar é máis doado e seguro grazas a remodelación, xa rematada, do cruce das rúas San Bieito e Morgadáns coas estradas provinciais que dan servizo as parroquias de Peiteiros e Chaín-Morgadáns.

O Concelo de Gondomar apagará a iluminación dos seus edificios a partir das dez da noite

A partir de hoxe as 22:00 horas e en cumprimento do R.D. 14/2022 de 1 de agosto, de medidas de sostenibilidade económica así como de medidas de aforro, eficiencia enerxética e de reducción da dependencia enerxética do gas natural, o Concello de Gondomar apagará a iluminación nos edificios da súa titularidade, a partir das 22:00 horas.

A Xunta publica no DOG o cambio de titularidade das estradas PO-331, PO-332 e PO-340 a prol do Concello de Gondomar

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a aprobación do cambio de titularidade a prol do Concello de Gondomar de varios treitos antigos das estradas PO-331, PO-332 e PO-340, xunto coa súa franxa de dominio público viario asociado.

O CIM de Gondomar incorpora unha avogada para asesoramento xurídico

O Centro de Información a Muller (CIM) de Gondomar incorpora dende mañá unha letrada que facilitará asesoramento xúridico a mulleres que así o requiran.

Gondomar acolle o festival de danza ABANEA do xoves ao domingo

Paco Ferreira destacou que “o Concello de Gondomar ten unha aposta decidida pola cultura en xeral e particularmente pola danza, co apoio constante as 4 escolas de danza existentes no noso municipio, e coa programación dun festival de tanto prestixio a nivel nacional e internacional como é ABANEA”.

Gondomar dota de WiFi gratuíto espazos e edificios públicos do municipio

O goberno local de Gondomar, que dirixe Paco Ferreira, investiu preto de 30.000 euros na instalación dunha decena de puntos de acceso á rede.

Gondomar acollerá a primeira edición do festival de danza ‘Abanea’

A asociación IS·MO Cultura lanza Abanea, festival de danza e movemento que celebrará a súa primeira edición entre o 28 e o 31 de xullo en Gondomar e Allariz, para o que conta co apoio da Xunta de Galicia.

Gondomar presenta a súa programación cultural de verán “Gondocultura verán 2022”

O alcalde de Gondomar Paco Ferreira presentou onte pola mañá a programación cultural de verán “Gondocultura verán 2022”. O rexedor destacou que “se trata dunha programación para todos os públicos, e que inclue música de todos os estilos, danza, teatro, circo e ata un festival canino e que arranca tras o éxito das Festas de San Bieto que acaban de rematar”.

A Deputación reparte 8.000 euros de axudas para catro proxectos de dinamización do galego no Val Miñor

Un total de 62 entidades sen ánimo de lucro veñen de ver aprobadas as axudas do departamento de Lingua da Deputación de Pontevedra, , que neste ano ascenden a 120.000 euros, para realizar actividades de dinamización do galego na provincia de Pontevedra.

Os alcaldes do Val Miñor denuncian a falta de persoal médico na comarca

Os tres alcaldes do Val Miñor reuníronse esta mañá con persoal médico e de enfermaría do Centro de Saúde do Val Miñor para apoiar aos profesionais na súa demanda de máis sanitarios durante a tempada estival.

Gondomar volve a tapizarse de flores

Gondomar celebra o sábado 18 e o domingo 19 de xuño unha nova edición da sua tradicional Festa do Corpus. Centos de veciños e veciñas de tódalas idades levan semanas recolectando pétalos e follas para a confección das famosas alfombras florais.

A ‘Festa da Bicicleta’ reuniu a máis de 600 persoas

Os tres concellos do Val Miñor volveron a pedalear xuntos este domingo 5 de xuño para festexar a tradicional 'Festa da Bicicleta' que nesta ocasión reuníu a máis de 600 persoas tras ser aprazado o 17 de Maio pola previsión de choiva.