Domingo, 11 Maio de 2025

Gondomar

Gondomar instalará unha caldeira de biomasa no seu Centro de Desenvolvemento Local

A instalación desta nova caldeira responde á política de aforro enerxético e á aposta polo uso de Enerxías Renovables que desde o Concello de Gondomar, a través da súa Concellería de Medio Ambiente, vén apostando desde o inicio da lexislatura.

As axudas da Xunta ao sector da hostalería en Redondela, no Val Miñor e no Val da Louriña, cífranse en preto de 6,5 millóns...

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, informou que o Goberno galego xa abonou 6,5 millóns de euros das axudas concedidas ao sector da hostalería na área de Vigo.

O Concello de Gondomar facilita aos colexios material para fomentar a educación ambiental

En total repartiranse entre os colexios de Educación Pimaria do municipio vinte lotes con diferente material cuxo obxectivo é achegar ao alumnado a conceptos relacionados co medio ambiente e familiarizalos cos recursos que teñen ao seu alcance para coidalos.

Manifesto Miñor acusa ao alcalde de Gondomar de “faltas de respecto continuadas” ás concelleiras da oposición

Manifesto Miñor (MM) denunciou onte o que cualificou de "faltas de respecto continuadas cara concelleiras da oposición" ao longo do Pleno extraordinario do pasado luns o que provocou que os grupos políticos da oposición –Manifesto Miñor, BNG e PP– abandonaran a sesión. Entende MM que no exercicio da función de alcalde "existen determinadas liñas vermellas que non se poden cruzar".

Gondomar conta cun punto limpo renovado pola Deputación para a reciclaxe dos residuos eléctricos e electrónicos

A Deputación de Pontevedra levou a cabo as obras de acondicionamento e adaptación do punto limpo de Gondomar para a xestión e reciclaxe dos residuos eléctricos e electrónicos, nas que a institución provincial investiu un orzamento de 35.307 euros.

Gondomar contará con dous novos transformadores para previr cortes na subministración eléctrica

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, mantivo unha reunión con responsables da compañía UFD, distribuidora do grupo Naturgy, para analizar os problemas rexistrados este Nadal en Gondomar, debido aos cortes de subministro eléctrico durante horas no municipio, así como a estudar futuras accións encamiñadas a buscar unha solución a estes problemas.

Arrancan as obras de mellora da seguridade viaria na estrada EP 2303 Gondomar-Vilaza-Parada

A Deputación de Pontevedra vén de comezar as obras de mellora da seguridade viaria na estrada provincial 2303 Gondomar-Vilaza-Parada, na que investirá preto de 32.500 €. A actuación, se desenvolverá durante dous meses, nun tramo de 55 metros.

Gondomar preparado para recibir aos Reis Magos e celebrar unha cabalgata moi especial

Todo preparado en Gondomar para recibir ás súas Maxestades os Reis Magos de Oriente que, a pesar das circunstancias que estamos a vivir, non quixeron deixar de pasar polo municipio e participar nunha cabalgata algo diferente pero igual de especial que a doutros anos.

Os concellos do Val Miñor inauguran a segunda edición do obradoiro dual de deseño gráfico e coidados sociosanitarios

Unha vintena de alumnos-traballadores comezou hoxe a segunda edición do obradoiro dual de emprego 'Crea e Coida Miñor' promovido polos tres concellos do Val Miñor e que está orientado por un lado a formación en atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais ou en domicilio, e, por outro, a deseño de produtos gráficos destinados a promover a comarca.

Gondomar dótase de colectores para a recollida de catuchos de tinta e tóner

O concello de Gondomar, a través da súa concellería de Medio Ambiente e Transición Ecolóxica, poñerá en marcha unha nova iniciativa destinada a favorecer a reutilización e reciclaxe de materiais que utilizamos no noso día a día e que son altamente contaminantes.

A Asociación de empresarios OVALMI e os hostaleiros do Val Miñor piden que non se castigue ao sector

A publicación do DOGA do xoves 3 de decembro, permitindo a apertura do sector hostaleiro, levou a moitos empresarios para exporse o seguir adiante ou non, neste difícil momento. A hostalería de Nigrán e Gondomar volveron a reabrir as súas portas o venres 4 de decembro, con todo as restricións desta apertura, conleva que non poidan desempeñar o seu traballo con normalidade.

A Xunta concede una axuda de 300.000 euros para a adquisición da Casa Peralba en Gondomar

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda concede unha axuda de 300.000 euros ao Concello de Gondomar do programa Fondo de Cooperación, para adquirir a Casa Peralba co fin de rehabilitala.