Martes, 1 Xullo de 2025

Baiona

“Baiona lila” continúa coa súa programación esta fin de semana

"Baiona Lila" continúa esta fin de semana con dúas actividades moi interesantes no Multiúsos Mercado de Sabarís.

A Deputación substituirá a pasarela de madeira da estrada de Baiona a Loureza

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar o expediente de contratación das obras de reposición da pasarela de madeira que se atopa na estrada provincial que une Baiona con Loureza, na EP-2202.

Aberto o prazo de inscrición do programa de conciliación de Nadal en Baiona

Co inicio das vacacións de Nadal nos centros escolares, moitas familias atópanse con grandes dificultades para conciliar a vida laboral e familiar. É por iso que o Concello de Baionaabre o prazo de inscrición para participar no Programa de Conciliación Nadal 2023.

Aviso de cortes de tráfico no barrio Cova Terreña de Baiona

A Concellería de Seguridade Cidadá do Concello de Baiona informa do corte puntual do tráfico na mañá de hoxe, día 8 de novembro, no barrio de Cova Terreña debido a uns traballos que levará a cabo a empresa da xestión sostible do Ciclo Integral da auga no municipio, Gestagua.

Os alumnos dos centros educativos de Baiona aprenden sobre a importancia da reciclaxe

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Baiona está a colaborar coa Concellería de Educación, para que os máis pequenos do municipio aprendan acerca da importancia da reciclaxe de residuos para o coidado do medio ambiente.

Comeza a programación de “Baiona lila”

O Multiúsos Mercado de Sabarís acolleu a presentación da programación “Baiona Lila”, a programación organizada polo Concello de Baiona, a través da Concellería de Igualdade, co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que trae consigo un mes dedicado a actividades para sensibilizar e educar contra a violencia á muller no Concello de Baiona.

Contacontos este domingo en Baiona

Un día antes de dar a coñecer toda a programación “Baiona Lila”, desvélase unha das actividades deste fin deste semana: o domingo día 5 ás 12:00 h Paula Carballeira divertirá no Multiusos de Sabarís aos máis pequenos co contacontos “ A pescadora de Bagdad, as sete irmás e a balea”.

O Clúster Turismo de Galicia celebra unhas mesas de traballo en Baiona

O Clúster Turismo de Galicia celebrou unha mesas de traballo en Baiona, concretamente, no Multiusos Mercado de Sabarís, para elaborar un diagnóstico do sector, coñecendo de primeira man as súas necesidades e demandas do sector na vila.

Continúa o ciclo de conferencias “A Mar de Historias”

A Concellería de Cultura do Concello de Baiona continúa coa V edición do programa divulgativo “A Mar de Historias”: unha serie de conferencias que pretende un formato flexible e aberto ao público nunha cita co autor e o seu relato, contado de forma atractiva e interesante.

Baiona comeza unha campaña para loitar contra o depósito indebido de residuos

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Medio Ambiente, vén de comezar unha campaña para fomentar o depósito correcto de residuos. Con esta campaña, preténdese evidenciar as malas prácticas e fomentar un cambio de hábitos na veciñanza.

O Samaín chega á vila de Baiona

O Concello de Baiona engalánase para celebrar o Samaín. A carpa instalada na praza do concello estará decorada para esta ocasión coa temática destas datas ampliándose na dependencias do concello onde se poderá gozar dunha gran exposición de cabazas traídas desde os distintos colexios municipais e dunha tarde de actividades enfocadas nos máis pequenos.

Efectivos municipais do Concello de Baiona reparan numerosas incidencias ocasionadas polas intensas choivas

O Concello de Baiona informa de que a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior acaba de activar un plan especial por risco de inundacións en Galicia. Activouse a fase de preemerxencia. A meteoroloxía adversa deixa un gran número de incidencias no municipio.