Sábado, 5 Xullo de 2025

Baiona

A Deputación subvenciona proxectos en galego de entidades sen ánimo de lucro

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar en Xunta de Goberno as subvencións do departamento de Patrimonio Documental e Bibliográfico para editar -en formato papel, audiovisual, mixto e ou especial- traballos en galego sobre diversos temas relacionados coa provincia de Pontevedra.

Un convenio entre o MRCYB e a Xunta fai posible a Escola de Vela adaptada

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, vén de asinar co presidente do Monte Real Club de Iates de Baiona (MRCYB), José Luis Álvarez, o contrato de patrocinio polo que a Xunta achega á entidade un total de 8.000 euros para a realización da Escola de Vela adaptada para persoas con discapacidade física e psíquica.

Baiona mostra o seu apoio a Adrián Martíns na súa travesía por España

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, despediu ao aventureiro e primeiro criador de Galicia de pura raza galega de cabalos Garranos, Adrián Martíns, que comezou a súa expedición "Travesía a España para dar visibilidade aos cabalos salvaxes da Serra da Groba e as enfermidades reumatoides", partindo desde Baiona.

Carlos Gómez comprométese a ampliar a escola infantil O Areal con fondos propios “se a Xunta non cumpre con Baiona”

O candidato socialista á reelección como alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, comprométese “a realizar con fondos municipais no próximo mandato a ampliación da Escola Infantil O Areal se a Xunta non cumpre con Baiona”. “As competencias para facer esta obra son da Xunta, pero levamos anos esperando por un investimento de 250.000 euros para a amplicación da escola infantil.

Carlos Gómez avanza xestións para que a Casa da Navegación de Baiona forme parte da rede de museos estatais

Carlos Gómez Prado, candidato socialista á reelección como alcalde de Baiona, avanza que “no próximo mandato queremos que a Casa da Navegación de Baiona forme parte de Rede de Museos Estatais, xa iniciamos as xestións tras as reformas levadas a cabo neste mandato”.

Entrada de balde na Casa da Navegación de Baiona con motivo do Día dos Museos

A Casa de Navegación de Baiona celebra este xoves, 18 de maio, o Día Internacional dos Museos. A casa celebra este día con entrada de balde para todos os seus visitantes. Pola mañá están organizadas varias visitas guiadas.

Baiona únese ao compromiso Net-Zero

O Concello do Baiona pon en marcha o proxecto Baiona Net-Zero, unha iniciativa necesaria que reforza o compromiso da administración local coa sustentabilidade e a economía circular.

Baiona organiza actuacións con motivo do Día das Letras Galegas

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Cultura, organiza varias actuacións para celebrar o Día dás Letras Galegas, que é o martes 17 de maio, cando a praza do Concello acollerá ás 20:00 horas a actuación de Xisco Feijoo.

XV edición do Mercado de Arte de Sabarís

A partir de hoxe Sabarís completa a súa gran exposición nas rúas coa exposición no Multiúsos Mercado de Sabarís onde estarán o resto dos artistas mostrando as súas obras.

Baiona mellora a iluminación da vila e as parroquias con LED

O Concello de Baiona levará a cabo o cambio de luminarias tradicionais na vía pública por lámpadas LED. Procederase á substitución de 468 puntos de luz de diferentes viais da Vila por tecnoloxía LED.

Baiona convertirá a praza Victoria Cadaval nun gran espazo de lecer

O Concello de Baiona convertirá a praza Victoria Cadaval de Sabarís no gran espazo de lecer da parroquia.

Baiona mellora a base de formigón semipulido dun camiño no barrio Ponte en Baredo

O Concello de Baiona levou a cabo a mellora do firme co asfaltado dun camiño no barrio Ponte de Baredo, que contou coa características de ser executada a base de formigón semipulido. Ademais de mellorar a recollida de pluviais.