Martes, 1 Xullo de 2025

Redondela

O Concello de Redondela homenaxeará, durante todo o ano, ás mulleres da illa de San Simón

O Concello de Redondela desenvolverá ao longo deste ano 2021, unha serie de actividades que teñen como fin render unha máis que merecida homenaxe ás mulleres da illa de San Simón, que durante a Guerra Civil e a posguerra construíron unha rede solidaria de axuda aos represaliados prisioneiros na illa redondelá.

Maica Larriba recorda que os proxectos da AP-9 o seu paso por Redondela están en marcha

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, espera que a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, dera explicacións aos colectivos do concello de Redondela cos que hoxe mantivo unha videoconferencia, sobre os proxectos que o seu departamento ten paralizados no concello redondelán.

Problemas no alumeado público de Redondela polo paso do ‘Hortensia’

A causa do paso do temporal Hortensia, o Concello de Redondela sufriu diversas roturas e avarías na rede de iluminación pública o que deu lugar a deficiencias eléctricas e cortes de luz xeneralizados ao longo das 13 parroquias.

As axudas da Xunta ao sector da hostalería en Redondela, no Val Miñor e no Val da Louriña, cífranse en preto de 6,5 millóns...

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, informou que o Goberno galego xa abonou 6,5 millóns de euros das axudas concedidas ao sector da hostalería na área de Vigo.

A Policía Local de Redondela detén ao responsable dunha festa ilegal en Cesantes por presuntas ameazas e atentado contra os axentes

A Policía Local de Redondela interveu nesta pasada madrugada para poñer fin a unha festa ilegan el Cesantes, logo de que os axentes foran alertados por particulares sobre a celebración da mesma e a súa difusión nas redes sociais.

Redondela pon en marcha a través do Plan Concellos un dos máis modernos sistemas de pasos de peóns automatizados

A rúa Telmo Fernández, en pleno casco urbano de Redondela e paso obrigado para os milleiros de peregrinos que realizan o Camiño de Santiago, conta dende onte cun semáforo regulador, dotado dun sistema se sensorización e un paso de peóns dotado de sistema led intelixente de advertencia.

Redondela acondiciona o campo de fútbol do Viso, incluíndo un vestiario para árbitras, nunha completa reforma con cargo ao Plan Concellos

O Concello de Redondela vén de transformar tres espazos que permiten mellorar a seguridade no centro urbano, os equipamentos deportivos e a accesibilidade rural. Os deputados de Réxime Interior e Facenda, Carlos Font; Cohesión Social, Olga García, e Infraestruturas, Gregorio Agís, visitaron hoxe as actuacións xunto coa alcaldesa Digna Rivas e a concelleira de Urbanismo, María Castro.

Redondela prepárase para un Entroido que mantén o seu espírito tradicional reinventando formas para adaptarse á pandemia

A grave situación sanitaria pola que se está a atravesar vén de facer que o Concello de Redondela veña de “reinventar” a forma de celebrar o Entroido ao impedir a pandemia da Covid-19 que non se poidan celebrar os habituais desfiles de comparsas, pasarrúas e outras actividades.

A Xunta adxudica as obras de restauración da igrexa de Santo Estevo de Negros no concello de Redondela

A Xunta de Galicia vén de adxudicar as obras de restauración de Santo Estevo de Negros no concello de Redondela, tal e como anunciaron hoxe a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e a directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Insua, nunha visita ao templo.

Redondela reforza o servizo de limpeza viaria coa adquisición dun vehículo varredor

O Goberno local de Redondela vén de reafirmar a súa aposta pola limpeza viaria coa adquisición dun vehículo barredor Hako-Citymaster 1250 que será utilizado nas zonas urbanas. O novo vehículo foi entregado onte ao Concello.

O Concello suspende a feira do día 23 ante a grave situación sanitaria con un continuo crecemento de casos activos por Covid-19

O Concello de Redondela anunciou onte a suspensión da feira que tiña que celebrarse o sábado 23 de xaneiro “ante a continua evolución de casos activos por coronavirus no municipio”. A feira que, en circunstancias de normalidade celébrase os días 6 e 21 de cada mes, tiña programado o seu cambio de data para o sábado 23.

Redondela asegura que as obras da PO-250 que realiza a Xunta “non resolven os problemas desta estrada” e non teñen en conta as peticións...

“As obras que se realizan na PO-250 Redondela-Pazos por parte da Xunta de Galicia non resolven os graves problemas que ten esa estrada e se perde a oportunidade de facer unha reforma de calado”, afirmou hoxe a alcaldesa Digna Rivas ao valorar uns traballos que comezaron hai unha semana sen que, tal e como se acordara no seu momento, houbera unha xuntanza previa para estudar as melloras propostas polo Goberno local.