Venres, 18 Xullo de 2025

Redondela

Unha placa inmortaliza o maxisterio de Carmen Barreiro Seoane e Óscar Rey Belle en Cesantes

Unha placa en pedra no edificio no que impartiron clase. O pasado domingo 23 de abril quedou inmortalizada a labor de Carmen Barreiro Seoane e Óscar Rey Belle. Ao longo de moitos anos, o matrimonio impartiu clase de estudos básicos aos alumnos de Cesantes na escola unitaria de Outeiro das Penas, situada no edificio que hoxe acolle o Círculo Cultural de Cesantes.

Redondela ofrece cursos de iniciación á lingua de signos

Un ano máis, a Concellería de Servizos Sociais, que dirixe Iria Vilaboa, organiza dous cursos presenciais de iniciación á lingua de signos (Nivel A1.1). Son totalmente de balde e a inscrición está limitada ata esgotar prazas.

O multiusos da Xunqueita acolle o programa “Redondela Xove”

O Concello de Redondela abriu un novo espazo dedicado á mocidade localizado nunha das zonas máis utilizadas polos máis novos no Multiusos da Xunqueira. O espazo servirá para a xuntanza libre, pero tamén para a organización de obradoiros de balde por parte do Concello.

Redondela recupera a tradición dos Maios

A alameda de Castelao acolleu, onte 1 de maio, a Festa dos Maios que revive o seu maior esplendor despois dunha boa acollida o ano pasado e varios anos de parón pola pandemia.

Arrancan os motores da XXXVI Festa do Choco

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e os representantes das asociacións e hostaleiros, que participan na XXXVI da Festa do Choco, presentaron as propostas e novidades deste ano nunha rolda de prensa na Praza do Concello.

Contacontos en Redondela da man de Raquel Queizás

O Concello de Redondela, a través da Concellería de Normalización Lingüística, ofrece unha actividade en colaboración coa recoñecida contadora de contos infantil Raquel Queizás.

Redondela presenta a segunda edición de “Memoria da Estirpe”

‘Memoria da Estirpe’ é un proxecto promovido polo Servizo de Normalización Lingüística dependente da concellería que xestiona a alcaldesa Digna Rivas que busca recuperar, conservar e poñer en valor o patimonio oral do municipio.

O Grupo Socialista reclámalle á Xunta que faga a humanización da Avenida de Vigo en Chapela

A parlamentaria socialista Leticia Gallego vén de presentar unha pregunta oral no Pleno do Parlamento celebrado hoxe na que lle esixiu á Xunta que execute as obras de humanización a avenida de Vigo, en Chapela, Redondela. As obras, comprometidas dende 2017 a través dun convenio de colaboración co concello, permanecen paradas dende que rematou a primeira fase das obras en 2018.

Lectura na Rúa celebra na Alameda Castelao de Redondela a súa terceira edición con máis de mil participantes

A Alameda de Castelao de Redondela acolleu a terceira edicióno de Lectura na Rúa, unha actividad organizada polo Concello de Redondela, o CEP Plurilingüe Santa Mariña, a ANPA Ernestina Otero e a Biblioteca Municipal de Redondela aos 18 centros educativos e dous dos centros de día de Redondela e co que se pretende celebrar e divulgar a importancia da lectura.

Os ‘Axentes do Cambio’ representaron a Redondela na constitución do Consello Autonómico de Participación Infantil

Galicia inaugurou o venres 21 de abril o Consello Autonómico de Participación Infantil, no que Carla Acosta, integrante de Axentes do Cambio de Redondela, formou parte. Esta formación autonómica está composta por 30 representantes de nenas e nenos de toda Galicia.

As antigas Casas dos Mestres de Redondela convértese no ‘Museo Etnográfico Ángel Barros’

O Concello de Redondela informa á cidadanía de que a demolición das antigas Casas dos Mestres terá unha duración total de 8 días. Para ter en conta a seguridade do alumnado dos institutos da contorna e dos viandantes está executándose en horario non lectivo e contando tódalas medidas de seguridade necesarias.

AER consegue o respaldo da veciñanza e presenta unha candidatura con experiencia en política local

A Agrupación de Electores de Redondela. AER, confirma que concorrerán ás vindeiras eleccións municipais logo de acadar máis de 500 sinaturas da veciñanza. Como vén sendo habitual, as sinaturas foron recollidas por representanes da Agrupación durante dez días e a pé de rúa en diferentes ubicacións de Redondela.