Martes, 1 Xullo de 2025

Redondela

Os Servizos Sociais e o CIM de Redondela estrean as súas novas instalacións

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, acompañada por concelleiros e concelleiras do equipo de Goberno e da Corporación Municipal, visitou na mañá de hoxe as recen estreadas dependencias dos Servizos Sociais e do Centro de Información á Muller (CIM) situadas nos baixos dun imoble da rúa 8 de Marzo. O traslado destes dous servizos que atenden aos sectores máis vulnerables da cidadanía, sinalou a alcaldesa no acto de inauguración das dependencias, “era un dos compromisos deste Goberno coas veciñas e veciños”.

O ‘Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy’ de Redondela atopa un muíño en Xote, Cesantes

A asociación Cultural 'Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy', atópase inmerso no proxecto de revisión do patrimonio de Cesantes, materia do seu libro, e a versión actualizada levará un estudo dos muíños existentes na parroquia. O traballo de campo realizado nos últimos meses deparou varias sorpresas e, entre elas, o descubrimento dun muíño sen catalogar na zona de Xote, preto da Nacional 550.

O Concello de Redondela rehabilitará os vestiarios e grada do Campo de Tuimil ao abeiro dunha achega do Plan Concellos

O Concello de Redondela investirá preto de 62.000 euros (61.996,07 €) na reforma dos vestiarios do Campo de Tuimir, traballos que se realizarán ao abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra logo de que a Xunta de Goberno da administración provincial aprobase dito investimento este pasado venres.

Redondela inaugura a ‘Filmoteca Galega’

Logo do éxito acadado polas últimas producións realizadas en lingua galega –O que arde, Longa Noite e Trinta lumes–, o Servizo de Normalización Lingüística dependente da Concellería de Normalización Lingüística que xestiona a alcaldesa Digna Rivas vén de impulsar unha iniciativa que, baixo o nome de 'Filmoteca Galega', busca crear un fondo propio que incluirá curtas e longametraxes, documentais e cine infantil.

As Concellerías de Igualdade, dirixida por Digna Rivas, e de Xuventude, dirixida por Ignacio González, organizan as actividades de verán

Está aberto o prazo de inscrición para Programa municipal de conciliación para o mes de agosto e a primeira semana do mes de setembro que este ano, como medida excepcional para dar resposta ás demandas e necesidades actuais das familias do concello de Redondela, se ofertará do 3 de agosto ata o 4 de setembro.

O Concello de Redondela organiza diversos actos para celebrar o Día de Galicia

O Concello de Redondela celebrará, este vindeiro sábado 25 de xullo, diversos actos conmemorativos do Día de Galicia e no que, o tradicional concerto, correrá a cargo da recoñecida e premiada cantante Guadi Galego.

O Goberno de Redondela e as ANPAS cualifican de “temerario” o protocolo proposto pola Xunta para o vindeiro curso escolar

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas e a concelleira de Ensino, Olga García Ballesteros, mantiveron onte, na Casa do Concello, unha xuntanza coas ANPAS do municipio para analizar polo miúdo a grave situación que se producirá no caso de que a Xunta de Galicia manteña o protocolo anunciado para o vindeiro curso escolar “que non garante nin as medidas de distanciamento obrigatorias, nin rebaixar o ratio nas aulas nin reforzar o persoa docente”.

Redondela redacta o proxecto do parque forestal do Monte Castro de Negros ao abeiro do Plan Provincial de creación de Parques Forestais

O Concello de Redondela vén de rematar a redacción do Parque Forestal do Monte Castro de Negros cun importe total de 8.107 €, coa participación da Deputación de Pontevedra cunha subvención de 6.000 € do Plan Provincial de Parques Forestais. Un proxecto redactado por XIRELA, Servizos Técnicos e Obras do Rural que se realizará en terreos da Comunidade de Montes de Negros cando se lancen novas liñas de subvención para parques forestais e proceder a fase de execución das melloras.

Redondela solicita unha reunión de urxencia coa Consellería do Mar ante a delicada situación la Confraría de pescadores

O Concello de Redondela solicitou unha reunión urxente coa Consellería do Mar da Xunta de Galicia para tratar a situación delicada da Confraría de pescadores. A Confraría San Xoán de Redondela está a pasar por unha situación delicada nos últimos tefradmpos, situación que se ve agravada por mor da crise económica derivada do COVID-19.

Cinco novos auxiliares incorpóranse á policía local de Redondela

A alcaldesa Digna Rivas recibiu onte na Casa do Concello de Redondela novos auxiliares de Policía Local así como aos axentes que estaban en prácticas e que, unha vez rematadas estas incorpóranse ao seu posto.

A Alameda Castelao, escenario dun acto de recoñecemento público ao traballo realizado por servizos e colectivos durante o estado de alarma

A Alameda Castelao de Redondela acollerá este vindeiro venres, 17 de xullo, a partir das 21 horas, un acto público de recoñecemento aos distintos servizos que, durante a pandemia e o confinamento obrigatorio establecido polo estado de alarma, traballaron arreo tanto para garantir á seguridade da veciñanza, coma para atender as súas necesidades.

O Concello de Redondela desinfecta o exterior dos Centros de Día que retoman a súa actividade hoxe

O Concello de Redondela desenvolveu onte traballos de desinfección exterior nos catro centros de día que funcionan no municipio ante o inminente inicio da súa actividade. O Goberno redondelán ofreceuse a realizar estas tarefas para “garantir, en todo momento, a seguridade sanitaria dos veciños e veciñas que utilizan estes servizos”.