Martes, 16 Setembro de 2025

Comarcas

O Club Xadrez Mos cumpre 10 anos de vida e celébrao nas aulas dos colexios mosenses

Un ano máis volta o xadrez ás aulas de Mos, este curso 2023-2024, como novidade, faino durante o primeiro trimestre de cara a que os escolares que se interesen pola actividade poidan pasar a formar parte do Club Xadrez Mos, entidade deportiva mosense encargada de impartir o taller nos 5 colexios mosenses.

As Neves lanza un novo Plan de Igualdade

Prestar atención a un problema social tan relevante como é a desigualdade entre homes e mulleres. Este será o obxectivo do novo Plan de Igualdade Municipal de As Neves, o primeiro que se realizará con metodoloxía participativa e que arranca cunha enquisa dirixida a toda a poboación.

A Xunta elimina un punto de verquido de augas residuais en Redondela

A Xunta eliminou un punto de vertido de augas residuais urbanas na parroquia do Viso, no concello de Redondela, cara á ría de Vigo.

Premios de Educación Concello da Guarda 2023

Un ano máis, no Concello da Guarda celebrouse a cerimonia de premiación dos estudantes máis laureados no ámbito educativo no curso 2022-2023, tanto por expediente académico como por esforzo persoal. Un acto que foi máis tarde ca anos anteriores dado o recente cambio de goberno municipal.

O cine volve ás parroquias do Porriño

O Festival de Cans e o Concello do Porriño apostan un ano máis por Cinemaldea, unha iniciativa que achegará ás zonas rurais do municipio unha selección das curtametraxes premiadas na última quenda do certame.

A Xunta realiza tarefas de limpeza e conservación no río Mougás

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de conservación e limpeza no treito interurbano do río Mougás, no concello de Oia.

Contacontos este domingo en Baiona

Un día antes de dar a coñecer toda a programación “Baiona Lila”, desvélase unha das actividades deste fin deste semana: o domingo día 5 ás 12:00 h Paula Carballeira divertirá no Multiusos de Sabarís aos máis pequenos co contacontos “ A pescadora de Bagdad, as sete irmás e a balea”.

Verín e Salvaterra reciben á campioa de Europa de fútbol sala

A Selección Española Absoluta Feminina de fútbol sala volta a Galicia este mes de novembro. O combinado dirixido por Claudia Pons disputará dous partidos amigables en Verín e Salvaterra logo do acordo ao que a Real Federación Galega de Fútbol chegou cos dous concellos.

Concello e Xunta reúnense para tratar os problemas dos centros de ensino de Redondela

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o concelleiro de Ensino, Iván Valles, reuniranse hoxe xoves, 2 de novembro, co responsable da Xefatura Territorial de Ensino de Pontevedra, César Pérez Ares, e co director xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia Ignacio Maestro Saavedra.

Nigrán aproba os plegos da licitación da recollida de lixo cunha vixencia de 10 anos

O goberno de Nigrán aprobou no Pleno ordinario os plegos que rexerán a vindeira contratación do servizo de recollida de residuos, limpeza viaria e praias do municipio. A cuestión, que contou co voto en contra do PP e abstención do BNG, outorga luz verde a súa publicación no perfil do contratante e no Diario Oficial da Unión Europea.

Outubro bate récord de visitas ao Museo Arabo

Para Arbo, o ano 2023 esta sendo un gran ano. 2023 comezaba en FITUR coa entrega do distintivo á Festa da Lamprea como “Festa de Interese Turístico Internacional”, que recoñece a antigüidade (é a máis lonxeva de Galicia), singularidade, vinculación, valor gastronómico e cultural desta festa.

Mos regula o horario para depositar o lixo nos colectores

O Pleno da Corporación Municipal do Concello de Mos aprobou, coa maioría dos votos a favor, a modificación da Ordenanza municipal de Medio Ambiente que regulará durante os meses de xuño a setembro o horario para desbotar o lixo nos colectores, evitando así os malos cheiros nos mesmos.