Domingo, 10 Agosto de 2025

Comarcas

Nigrán aproba a licencia para a construción dun supermercado LIDL en Porto do Molle coa previsión de que abra este verán

O goberno de Nigrán deu luz verde este venres en Xunta de Goberno local á licencia para a construción dun supermercado Lidl no parque empresarial Porto do Molle. A previsión da multinacional alemana é abrir as súas portas este verán e xerar 21 novos empregos, estreando así a súa presenza na comarca.

Emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais

O Concello das Neves vén de aprobar en Xunta de Goberno Local, o plan de contratación de 2021. Ao abeiro do Plan Concellos 2021, solicitouse á Deputación a relación de postos a contratar neste ano, que serán un total de 10 persoas para realizar os traballos de conservación de bens públicos e para o correcto funcionamento dos servizos municipais.

Hoxe incorpóranse cambios no Transporte Urbano de Mos

Desde a Concellería de Mobilidade do Concello de Mos, que dirixe a edil Julia Loureiro, infórmase de que o Servizo de Transporte Urbano Municipal, TUM, do Concello de Mos incorpora algúns cambios que entrarán en vigor hoxe luns 1 de febreiro.

O CAAN da Deputación recolleu unha camada cun total de 7 cachorros en Porriño

Aínda que o número de recollidas de animais que realiza o Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra nos 50 concellos adheridos ao servizo vai acumulando unha tendencia descendente nos últimos anos, a loita pola erradicación do abandono animal segue a ser unha prioridade.

Mellora de acceso en Correlo

Coa construción, anos atrás, da viaria PO-405 de acceso á Fronteira con Portugal, interrompeuse o acceso a todas as leiras situadas na marxe esquerda do vial neste tramo concreto e dada a súa configuración morfolóxica de fortes pendentes, ao non executarse un vial de servizo nesa zona.

O goberno de Nigrán aproba o asfaltado de nove rúas de San Pedro e a posta en valor do seu cruceiro cun investimento de...

O goberno de Nigrán aprobou onte o asfaltado de nove rúas da parroquia de San Pedro de A Ramallosa por importe de 151.145 € a cargo do Plan Concellos 2018 da Deputación de Pontevedra despois de agardar máis de tres anos por todas as autorizacións.

A Xunta activa o Plan Especial de Risco por Inundación ante a suba do caudal do río Miñor

Os sistemas de control e seguimento da Rede de Aforos de Augas de Galicia indican que a seguinte estación continúa en seguimento ao superar os limiares.

O choco de Redondela, marca de calidade

A Confraría de Pescadores de Redondela abre a campaña do seu produto estrela baixo a marca de calidade “Choco de Redondela”. Son varias as medidas que tomará a Confraría para asegurar a trazabilidade do seu produto, un novo sistema integral de valoración que asegurará unha marca de orixe, calidade e sostibilidade.

Tomiño construirá en Goián un dos maiores skatepark da provincia

O Concello de Tomiño levará a cabo a construción dunha nova área deportiva na contorna da Alameda de Goián, que estará composta por un skatepark e unha pista polideportiva. O espazo complementará outros equipamentos deportivos situados na área, como o campo de fútbol do Regatiño ou o pavillón de Goián.

Redondela suspende a feira do día 6 de febreiro ao atoparse en nivel de máxima restrición e cun elevado número de casos activos por...

O Concello de Redondela anunciou onte a suspensión da feira que tería que desenvolverse o día 6 de febreiro ante o “preocupante número de tcasos activos por coronavirus e ao atoparse o municipio en situación de restrición máxima”.

Biblioteca, conservatorio e mercado municipal de Ponteareas abasteceranse de enerxía solar fotovoltaica

A concelleira socialista de Alumeado do Concello de Ponteareas, Chus Garrote, aposta pola construción dunha vila máis sostible e anuncia que vén de conseguir o apoio do INEGAg (Instituto Enerxético de Galicia) para a colocación de placas fotovoltaicas no edificio do mercado municipal.

O Concello de Redondela acusa á Xunta de inacción ante os reiterados incumprimentos de Aucosa para poñer fin aos malos cheiros

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villas anunciaron hoxe a remisión á Xunta de Galicia dun oficio no que se detallan polo miúdo, os reiterados incumprimentos de Aucosa á hora de acometer obras que rematen cos malos cheiros que afectan “gravemente á calidade de vida dos veciños e veciñas”.