Mércores, 20 Agosto de 2025

Comarcas

Baiona modificará a ordenanza fiscal do lixo para incorporar a bonificación de Sogama que baixará o recibo á cidadanía

O concello de Baiona trasladará aos veciños e veciñas a rebaixa do canón que o Concello paga a Sogama en concepto de tratamento do lixo. O alcalde Carlos Gómez Prado, solicitou a Sogama unha bonificación do 10 % no custo do tratamento de residuos durante este ano e o próximo, “tendo en conta que o Concello está en condicións de garantir a aplicación de medidas de redución de lixo e fomento da reciclaxe. Esta proposta supón que SOGAMA factúrelle ao Concello de Baiona 39.731,17 euros menos cada uns dos exercicios”.

O Concello de Nigrán incorpora sendos conserxes interinos ao CEIP Carlos Casares e ao pavillón de deportes

O Concello de Nigrán ven de incorporar a sendos conserxes municipais ao CEIP Carlos Casares de Vilariño e ao Pavillón Municipal de Panxón con carácter de interinidad ao cubrir cadansúa praza de persoal xubilado.

Redondela inaugura o sábado 6 a exposición «Conquistadoras»

O Concello de Redondela inaugurará, este vindeiro sábado 6 de marzo, ás 12 horas fronte á Casa do Concello, a exposición 'Conquistadoras' unha mostra que busca poñer en valor, a través de nomes e caras de mulleres galegas, o esforzo que fixeron por abrir camiños antes pechados á muller e a súa loita por acadar unha sociedade máis xusta e igualitaria.

Salceda e Salvaterra solicitan conxuntamente unha axuda para realizar o obradoiro de emprego ‘Sustentable’

Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño veñen de solicitar á Xunta de Galicia unha subvención para a realización dun obradoiro de emprego denominado 'Sustentable'. A solicitude faise ao abeiro da convocatoria de subvencións para os obradoiros duais de emprego da Consellería de Emprego e Igualdade.

O novo portal de turismo de Salvaterra acada preto de 9.000 visitas en seis meses

Hai seis meses o Concello de Salvaterra de Miño presentaba a súa nova páxina de turismo, un portal que buscaba ser unha ventá aberta a todo o territorio co fin de dar a coñecer toda a potencialidade dos recursos turísticos do municipio. O Concello que preside Marta Valcárcel presentaba esta iniciativa baixo o slogan, 'Salvaterra de Mińo un lugar para disfrutar, un lugar para vivir'.

O BNG esixirá no Parlamento o aumento de persoal médico e de enfermaría no Centro de Saúde de Salceda de Caselas

O BNG en Salceda de Caselas informa que levará a termo novas iniciativas parlamentarias para esixir que a Consellaría de Sanidade e o SERGAS cumpran co compromiso de aumentar persoal médico (1 mais) e de enfermaría (1 mais). Nestes momentos o Centro de Saúde de Salceda non conta co persoal que se correspondería co demanda de atención existente; nen coa ratio médico/paciente que ten establecido o SERGAS (1.300 pacientes).

Maxia e teatro abren a programación cultural no Teatro Municipal

Con dobre proposta comeza esta semana a programación cultural no Teatro Municipal de Tui. Hoxe xoves, 4 de marzo, ás 18:30 h 2 Mind Combined presenta 'Maxia sen trucos' e o venres 5 de marzo ás 19:30 horas, La Quintana presenta a súa comedia 'O Premio'.

Feijóo afirma que a Xunta seguirá facilitando o acceso ao chan industrial poñendo a disposición este ano 1,4 millóns de metros cadrados de superficie...

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, asegurou hoxe que a Xunta seguirá facilitando o acceso ao chan industrial, poñendo a disposición este ano 1,4 millóns de metros cadrados de superficie bonificada nos seus parques empresariais.

A Concelleira de Emprego e Formación do Concello de Ponteareas anuncia a contratación de trinta persoas desempregadas

A Concellería de Formación e Emprego, dirixida pola socialista Vanesa Fernández, vén de facer públicas as listaxes de persoal a contratar con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. En todas estas categorías hai variedade e diversidade de formación e niveis para darlle oportunidade a un amplo abano de persoas que van dende os postos que requiren titulación a outros que non a precisan.

Digna Rivas chama á prudencia e a “non baixar a garda” ante o descenso dos casos de COVID no municipio

A baixada continuada de casos activos por coronavirus no municipio de Redondela, que posibilitou que onte o Comité Clínico da Xunta baixara ao municipio ao Nivel 3, foron acollidos con satisfacción polo Goberno local.

A Concellería de Mobilidade e Tráfico regula o acceso ás rúas peonís da Esperanza e República Arxentina

A Concellería de Mobilidade e Tráfico puxo en marcha a regulación do acceso ás rúas peonís da Esperanza e República Arxentina. Nos últimos días repartíuse información a todos os residentes e comerciantes das dúas rúas explicando de forma detallada quen pode acceder con vehículo a esas rúas, en que supostos e en que condicións de circulación e parada.

O Concello de Salvaterra de Miño aposta polo deporte online ofrecendo “GimnasioTV” a todos os seus veciños

A partires do 4 de Marzo O Concello de Salvaterra de Miño dará acceso a todos os seus veciños e veciñas a "Gimnasio TV", unha novedosa plataforma de fitness dixital, de xeito gratuito.