9.6 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasA Concellería de Mobilidade e Tráfico regula o acceso ás rúas peonís...

    A Concellería de Mobilidade e Tráfico regula o acceso ás rúas peonís da Esperanza e República Arxentina

    A Concellería de Mobilidade e Tráfico puxo en marcha a regulación do acceso ás rúas peonís da Esperanza e República Arxentina. Nos últimos días repartíuse información a todos os residentes e comerciantes das dúas rúas explicando de forma detallada quen pode acceder con vehículo a esas rúas, en que supostos e en que condicións de circulación e parada. Segundo explica o edil de Mobilidade, Roberto Mera, “até agora non existía unha regulación clara o que xeraba inseguridade xurídica. Coa nova regulación poñemos claridade e garántese o acceso daqueles vehículos que realmente teñen necesidade de entrar nesas rúas peonís”.

    Ademais da nova regulación, instalouse sinalización e modificouse o itinerario de acceso de maneira que agora os vehículos autorizados deberán entrar por República Arxentina e saír por Esperanza, ao contrario de como se viña facendo até agora. Durante as feiras e mercados estarán autorizados a entrar pola rúa Baratillo accedendo por Esperanza.

    Coa nova regulación poderán acceder a estas rúas os/as residentes sen garaxe para a carga e descarga de vultos, as persoas usuarias de garaxes para acceder eles, os titulares de actividades comerciais para cargas e descargas e os vehículos destinados a recoller ou deixar persoas con mobilidade reducida. Todas elas/eles deberán dispoñer da correspondente tarxeta de autorización, que poden tramitar no Concello a través da Oficina da Policía Local, utilizando o formulario dispoñíbel na web municipal. Ademais, tamén poderán acceder a estas rúas os/as repartidores/as e mensaxeiros/as, os taxis para recoller ou deixar usuarios/as e os servizos de emerxencia e municipais.

    Nas rúas peonís non existen zonas de estacionamento polo que todas as persoas que accedan poderán realizar unha parada polo tempo imprescindíbel diante do seu destino e non máis de 15 minutos. Cando fora preciso por máis tempo deberán solicitalo á Policía Local.

    Segundo Roberto Mera, “esta regulación diferencia o tráfico de necesidade do tráfico de comodidade, de maneira que se autoriza a entrada nunha rúa peonil cando é imprescindíbel facelo cun coche e non existe outra alternativa”. Os vehículos deberán circular a 10 km/h, dar preferencia aos peóns e ciclistas e separarse deles alomenos 1,5 metros. Para calquera aclaración o Concello pon a disposición da veciñanza o teléfono 986640050 da Policía Local e o correo mobilidade@ponteareas.gal.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.