O espectáculo familiar ¡Ciencia que alimenta! de 'Compañía Rota e Descosida' dará o pistoletazo inicial á programación teatral de primavera en Gondomar este próximo sábado 27 de marzo ás 18:00 horas da tarde no auditorio Lois Tobío, coincidindo coa celebración do Día Mundial do Teatro. A ela sumaranse O Mel non caduca de 'Iboprufeno Teatro' (03 de abril); Despois das ondas de 'Butaca Zero' (10 de abril); Italiano Grand Hotel de 'Cia La Tal'; Zampalibros de Sarao Animación (24 de abril); e, Pyka de 'Cinema Sticado' (01 de maio).
O Concello do Rosal continúa coa súa aposta por acadar a maior eficiencia enerxética nos edificios municipais co obxectivo de reducir os custos de enerxía e contribuír á protección do medio ambiente.
O Concello de Tui continúa a avanzar na tramitación de cara á apertura da rúa Ourense en sentido norte co que poder completar o vial dende a Avenida da Concordia até a rúa Maristas, e dende aí enlazar co actual traxecto até a rúa Colón.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda está a acometer as obras de humanización integral da rúa San Benito de Arbo cun investimento de case 170.000 euros ao abeiro do Plan Hurbe.
Con motivo da conmemoración do Día dos Bosques, este domingo o Concello de Tomiño presentou un catálogo de árbores senlleiras, co que se pretende poñer en valor ás árbores máis identificativas e singulares do municipio e o seu patrimonio natural e cultural asociado, unha iniciativa pioneira no ámbito municipal galego.
O Concello de Baiona alerta dunha estafa na que un individuo de mediana idade que se presenta como edil do goberno local pide diñeiro para as familias necesitadas en nome do Concello de Baiona.
Cunha impáctante performance co título de “Cadea”, a artista Analía Beltrán deixou onte pola tarde no IES Escolas Proval de Nigrán o seu berro en favor da igualdade e da loita contra as violencias machistas.
O Concello de Tui conmemora cunha exposición o 135 aniversario da vella Ponte Internacional Tui-Valença. A mostra achega información sobre esta histórica infraestrutura que supuxo un antes e un despois nas comunicacións, non só entre Tui e Valença, senón entre Galicia e Portugal.
O Concello de Nigrán rematou as obras para dotar de saneamento as rúas Palomar, Xestal e Lagoíña e tamén de abastecemento nesta última (única que carecía do mesmo xunto cun treito pequeno de Lagoíña), beneficiando con elo a máis de 30 casas. Trátase de tres rúas no núcleo do municipio, Palomar atravesa os barrios de Nogueira e Sanromán (parroquias de Nigrán e Priegue) e Xestal e Lagoíña os barrios de Ceán, A Barxa e Lagoíña (parroquia de Nigrán).
Coincidindo co Día Mundial da Auga que celebrouse onte, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, recibiu unha carta do alumnado de 4º B de Primaria do Colexio de Pena de Francia para pedirlle a súa axuda na participación da clase no proxecto europeo eTwinning contra o cambio climático.
As augas da ría de Vigo acollían onte domingo, 21 de marzo, a disputa da XXV Bandeira Concello de Redondela de Bateis, proba puntuable para a Liga Galega de Bateis e organizada polo Concello de Redondela e o C.R. Chapela é na que se daban cita máis dunha ducia de clubs da provincia de Pontevedra.
O Concello de Ponteareas encadea xa catro anos consecutivos en números verdes, tras facer oficial onte que o exercicio 2020 se pechou cun resultado positivo de máis de 200.000 euros. Este resultado revela que unha vez máis o Concello ingresou máis do que gastou.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.