Venres, 22 Agosto de 2025

Comarcas

Tomiño organiza un curso de manipulador de alimentos no Auditorio de Goián

O Concello de Tomiño organiza un novo CURSO DE MANIPULADOR/A DE ALIMENTOS. Será o xoves, 8 de abril de 2021, no Auditorio de Goián, entre as 17.00 e as 20.00 horas.

Ponteareas lanza a plataforma escaparate ‘Fai Ponte Con Nós’ para a promoción do comercio local

Ponteareas vén de estrear escaparate.ponteareas.gal, unha novidosa plataforma escaparate para o comercio local coa que o Concello busca apoiar á veciñanza e ao comercio de proximidade nestes tempos de cambio.

O Concello do Porriño organiza sesións de contacontos en inglés nos colexios para impulsar a inmersión lingüística

A Concellería de Educación do Concello do Porriño e a OMIX desenvolven un programa de contacontos en inglés dirixidos a nenos e nenas dos colexios porriñeses. A actividade comezou onte martes no CPR Hermanos Quiroga e hoxe continuou no CEIP de Atios ata onde se trasladou Lourdes Moure, concelleira de Educación para comprobar o desenvolvemento da sesión na que participaban 22 alumnos e alumnas de 4º curso de Educación Primaria.

O Concello de Nigrán retoma o Cine Club Val Miñor Alice Guy este xoves coa proxección de ‘Las Niñas’

O Concello de Nigrán e o Cine Club Val Miñor Alice Guy retoman este xoves ás 19:30 horas no Auditorio Municipal a película ‘Las Niñas’, dirixida por Pilar Palomero e recentemente galardoada co Premio Goya á Mellor Película, Mellor dirección Novel, Mellor Guion Orixinal e Mellor Fotografía.

Ponteareas deu a coñecer as persoas gañadoras do concurso #TikTokTea

Ponteareas entregou os premios do concurso #TikTokTea, nun acto no que se deron a coñecer as persoas gañadoras de entre as 19 propostas presentadas ao certame.

Tomiño aforrará 100.000 euros coa nova adxudicación do subministro eléctrico

O Concello de Tomiño vén de adxudicar á empresa Aura Energía, S.L., por un custe de 78.501,65 euros (sen peaxes nin impostos), o subministro eléctrico Lote 2 (subministros en baixa tensión con potencia maior de 10 kW), por ser a empresa que presentou, xunto a outras sete, a oferta máis vantaxosa en termos económicos.

O Concello de Nigrán renova a regularización do aparcamento de caravanas nas zonas de praia desde Semana Santa ata fin de setembro

O Concello de Nigrán prorrogará desde o 27 de marzo ao 30 de setembro de 2021 o bando de urxencia que regula o aparcamento de caravanas nas zonas de praia do municipio co fin de garantir os dereitos dos caravanistas a aparcar (non acampar) e dos demais visitantes que acuden en turismos.

O Comité clínico establece o nivel alto de restricións no concello de Baiona

O Comité clínico de expertos que avalía a situación da covid-19 en Galicia, ven de recomendar, logo da xuntanza mantida onte pola tarde, que os concellos de Beade e Maside teñan que cumprir o nivel máximo de restricións.

O salón de sesións conta con novo sistema de megafonía grazas ao reinvestimento dunha baixa do Plan Concellos

O salón de sesións da casa do concello conta cun novo sistema de megafonía co que se mellorou a sonorización deste espazo. A adquisición deste novo equipamento, cun investimento de 6.509,80€, IVE incluído.

Unha persoa tivo que ser excarcerada tras colidir dous vehículos no Porriño

Unha persoa precisou ser excarcerada despois de producirse unha colisión entre dous turismos no Polígono A Granxa, no concello pontevedrés do Porriño.

A Rúa do Calvario, na Guarda, volve a contar con pavimento de pedra grazas a unha achega de 122.000 euros da Deputación

O Concello de A Guarda dá un novo paso a prol da calidade urbana e a posta en valor do seu patrimonio coas obras de urbanización da rúa do Calvario, que veñen de rematar despois dun investimento de 122.000 euros da Deputación a través do Plan Concellos. O deputado provincial de Cooperación, Santos Héctor, e o alcalde, Antonio Lomba, percorreron hoxe esta vía que une o centro histórico coa capela da Nosa Señora da Guía e valoraron o resultado final. Estiveron acompañados da deputada Raquel Giráldez e os concelleiros Montserrat Magallanes e Miguel Español.

A OMIX de Tomiño presenta a súa programación para o mes de abril

No marco da habitual programación formativa que desenvolve a OMIX de Tomiño, a oficina municipal vén de facer pública a súa oferta de cursos para o mes de abril, no que estarán dispoñibles catro obradoiros sobre distintas temáticas.