Xoves, 21 Agosto de 2025

Comarcas

O Club Balonmán Caselas a piques de xogar a “Final Four”

Despois de finalizar primeiros de grupo na fase de equipos que loitaban contra o descenso, o Club Balonmán de Salceda disputará outra fase na que xogarán todos os primeiros equipos de cada grupo e o segundo mellor.

O Porriño solicita á Xunta a reparación da cuberta do colexio de Budiño

Lourdes Moure, concelleira de Educación, inspeccionou hoxe xunto co enxeñeiro municipal e persoal do Parque de Bombeiros, o estado da cuberta do Colexio da Cruz, en Budiño.

Arévalo reesctructura o seu goberno a piques de chegar ao ecuador da lexislatura

No Pleno da Corporación Municipal do Concello de Mos celebrado o pasado 29 de marzo produciuse a toma de posesión por parte do concelleiro do grupo municipal de goberno, José Areal Giráldez, sobre o que a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, adiantou na sesión plenaria que sería o edil responsable da concellería de Deportes.

Tomiño retoma a programación cultural co espectáculo “Só.”, do artista Xampatito Pato

A programación cultural volve a Tomiño o vindeiro 25 de abril. Será no Auditorio de Goián a mans do artista Xampatito Pato, co seu espectáculo “Só.”, unha auténtica revelación na escena circense.

Dolores Rodal doa ao Concello de Tui un cadro de Ricardo Padín de 1870

A tudense Dolores Rodal García vén de doar ao Concello de Tui o lenzo “Vista de Tui” pintado polo artista tudense Ricardo Padín en 1870. O acto formal da entrega tivo lugar o pasado venres, 9 de abril, no salón de plenos da Casa do Concello.

“Medrando entre todos/as” xa leva tres meses de actividade

Esta iniciativa conxunta dos concellos de Mondariz e Covelo supuxo a contratación de 26 persoas: 10 na especialización en atención sociosanitaria, 10 na especialización en traballos forestais e de xardinería, e 6 en administración e docencia.

A Guarda, concello de Pontevedra con maior taxa de doazóns de sangue no 2020

A directora da Axencia Galega de Doazóns de Sangue (ADOS), Marisa López García, remitiu fai uns días unha carta ao Alcalde da Guarda, para facer constar o agradecemento e a axuda recibida do Concello da Guarda coa labor de sensibilización social a prol da doazón de sangue.

Alumnado do Programa Integrado de Emprego de Mos realizan un curso de programación de robots nunha empresa local

11 usuarios do Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos están a realizar un curso de programación de robots industriais nas instalación da...

O Concello de Oia entrega 19 novos composteiros entre a veciñanza

O Concello de Oia continúa co seu programa de promoción da compostaxe doméstica, nesta ocasión a través do reparto de 19 novos composteiros individuais que nos últimos días foron entregados ás veciñas e veciños que os tiñan solicitado durante o prazo habilitado o pasado mes de novembro.

A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Ciclomotores estará en Tomiño os días 22 e 23 de abril

A unidade móbil de inspección técnica de ciclomotores desprazarase a Tomiño durante os días 22 e 23 de abril. O lugar do seu emprazamento será en A Rocha nº 8, na explanada fronte á Policía Local.

A Alcaldía do Porriño denega un pleno extraordinario solicitado polo PP “ao non constar acrecitada a autenticidade das firmas dos concelleiros”

A Alcaldía do Porriño deu a coñecer a denegación á convocatoria de Pleno Extraordinario que solicitaba o grupo municipal do Partido Popular. Os motivos para dita denegación son o “non constar acreditada a autenticidade das firmas e a vontade dos concelleiros solicitantes” e, como consecuencia a ese feito, a solicitude de Pleno "non ven correctamente firmada polo número necesario de concelleiros”, unha cuarta parte dos membros da Corporación.

O Concello de Baiona finaliza as obras de mellora do camiño Fonteloureira en Belesar

Os traballos de mellora do camiño Fonteloureira en Belesar finalizaron. O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, e o concelleiro de Vías e Obras, Óscar Martínez, visitaron o final das obras.