Sábado, 16 Agosto de 2025

Comarcas

Dous accidentes consecutivos na A-52 ao seu paso por Ponteareas deixan dúas persoas feridas

Dúas persoas precisaron asistencia médica a pasada tarde despois de que un coche colidise contra outro vehículo que envorcou na A-52, ao seu paso por Ponteareas.

As obras financiadas pola Deputación en Crecente poñen fin aos cortes de auga

A veciñanza dos lugares de Pazo e Outeiro, na parroquia de Albeos, en Crecente, xa non terá que estar pendente dos frecuentes cortes de auga gracias ás obras de renovación da rede de abastecemento financiadas polo Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

«La guerra de Elisabeth» de Yaiza Cameselle, no programa ‘Abril, mes dos libros’ de Ponteareas

Yaiza Cameselle, natural de Mondariz mais vinculada dende a infancia con Ponteareas, presenta o seu primeiro libro de poemas, La guerra de Elisabeth; o fará no marco do ciclo de presentacións de libros Abril, mes dos libros que organiza a Concellaría de Cultura do Concello de Ponteareas para celebrar o Día Mundial do Libro e o Dereito de Autor.

Vinte e oito persoas reciben en Ponteareas o diploma do curso de Lingua de Signos A1.1

Un total de Vinte e oito alumnas recibiron os diplomas do curso de Lingua de signos A1.1 que se desenvolveu de xeito telepresencial, en dous grupos de 14 persoas e cunha duración de 30 horas, durante os meses de marzo e abril. Os diplomas acreditativos foron entregados polo concelleiro de Lingua, Fernando Groba e Raquel González Novelle e David Fernández García, docentes do curso.

A XXXI Festa da Bicicleta será semi virtual

Esta mañá tivo lugar a presentación da XXXI edición da Festa da Bicicleta, sen dúbida, a súa edición máis especial xa que a tradicional cita deportiva do Val Miñor adaptouse á época COVID.

Redondela estremécese cos “Panos de Vinagre”, unha acción artística para denunciar a violencia contra as mulleres

A Alameda de Redondela encheuse hoxe de emoción coa performance da artista Laura Villaverde, enmarcada no programa “Violencia Zero” da Deputación de Pontevedra. A actriz tudense estreou “Panos de Vinagre”, unha acción inspirada no valor do legado familiar intanxible.

A Escola Infantil do Seixo de Tomiño contará con paneis solares para a produción de enerxía eléctrica

O Concello de Tomiño vén de conseguir do INEGA (Instituto Enerxético de Galicia) unha nova liña de axudas para a instalación de sistemas de enerxía fotovoltaica nos edificios públicos.

Comezan as obras de mellora da vía principal en Chan da Gándara en Ponteareas

A concelleira socialista de Vías e Obras, Chus Garrote, informa que nestes días procédese á mellora da pavimentación da vía de acceso principal ao barrio de Chan da Gándara, Padróns.

O Pleno de Mos aproba por unanimidade a rebaixa ao mínimo do tipo impositivo do IBI

O Pleno da Corporación Municipal do Concello de Mos aprobou en sesión ordinaria do mes de abril, por unanimidade dos seus membros, a Modificación da Ordenanza Fiscal do Imposto de Bens Inmobles (IBI) para rebaixar o tipo impositivo ao mínimo, pasando do 0,54 actual ao 0,4.

O Goberno de Nigrán aproba cuadriplicar o orzamento do SAF e dá luz verde ao segundo rescate municipal da hostalería

O Concello de Nigrán cuadriplicará o orzamento destinado ao servizo de axuda a domicilio, o que permitirá duplicar o número de usuarios ao incrementarse de 165.000 € anuais a 580.000 €.

Arbo da por rematadas as obras de ensanche e mellora do camiño Urzal-Cividá

O Concello de Arbo, vén de dar por rematados os traballos da segunda fase do ensanche e mellora do camiño de Urzal–Cividá, obras que comezaban nos ultimos meses do ano 2020 e que contaron cun investimento de de 90.978,94 € realizado ao abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

O Goberno de Redondela denuncia actos de vandalismo acontecidos na mañanciña do domingo

O Concello de Redondela vén de dar conta dunha serie de actos vandálicos acontecidos na mañanciña do domingo que, en forma de pintadas realizadas por persoa ou persoas descoñecidas, afectaron tanto a edificios de vivendas coma a edificios públicos, mobiliario urbano e elementos patrimoniais da vila dos viadutos.