Xoves, 14 Agosto de 2025

Comarcas

Sae a licitación para a explotación do quiosco permanente na Explanada do Horizonte no Rosal

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou este mércores 28 de abril a licitación para a explotación do quiosco permanente situado na Explanada do Horizonte no Camiño de Santiago ao seu paso por Portecelo.

A Xunta presenta ao Concello de Ponteareas unha proposta para a mellora e cesión da xestión da estación de autobuses

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade presentou hoxe ao Concello de Ponteareas a proposta de convenio de colaboración no que se sustentará a mellora da estación de autobuses do municipio, ademais da cesión da súa xestión á Administración local para fins relacionados co labor municipal.

Salvaterra de Miño, Arbo e Crecente contarán cun Gabinete de Atención Temperá a partir do verán

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a concesión dunha subvención aos Concellos de Salvaterra de Miño, Arbo e Crecente para a prestación de Servizos no marco da Rede Galega de Atención Temperá. Os tres concellos únense para solicitar esta subvención e así poder prestar aos seus veciños e veciñas un servizo de proximidade e de calidade, co fin de que non se teñan que desprazar fora do seu termo municipal para poder obter unha atención eficaz e de calidade.

Un novo asfaltado e ampliación da vía de Cortellas facilita un acceso digno ás vivendas en Ponteareas

A concelleira socialista de Vías e Obras, Chus Garrote, visitou esta semana a execución das obras na vía de Cortellas que vai do barrio da Cova á Cañoteira. A finalidade desta obra é dar servizo ás preto de dez vivendas, xa que a día de hoxe nin unha ambulancia nin un camión de bombeiros pode acceder ás vivendas polo camiño.

A Xunta concede axudas a Crecente, A Cañiza, Mos e Oia para crear ou mellorar infraestructuras municipais

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de resolver as axudas para crear ou mellorar infraestruturas municipais a un total de 39 concellos galegos, por un importe global de preto de 2,3 millóns de euros.

Ponteareas traslada a feira ao venres 30 por mor do festivo do sábado

A concellería de Promoción Económica de Ponteareas, que dirixe Eva Gil, informa que, por mor da festividade do Día Internacional da Clase Traballadora que se conmemora o vindeiro día 1 de maio, o mercado do sábado celebrarase extraordinariamente o venres, día 30 de abril.

Nigrán leva a todos os seus centros educativos un ‘escape room’ de igualdade

O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), arrancou esta semana un “escape room” de igualdade e prevención da violencia de xénero pioneiro en Galicia que rotará por todos os seus centros educativos ata o 7 de maio (está destinado a 6º de Primaria, 1º e 2º da ESO).

A Xunta subvenciona ao Condado-Paradanta para a mellora de camiños municipais

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, contempla este ano un orzamento de máis de 410.000€ para a mellora de camiños municipais na bisbarras do Condado e A Paradanta ao abeiro do Plan Marco, segundo anunciou o delegado territorial en Pontevedra, Luis López, na súa visita ao concello de Crecente.

O Monte Real celebra as súas 43 primaveras co Trofeo Repsol

A Regata de Primavera do Monte Real Club de Iates de Baiona cumpre este ano o seu cuadraxésimo terceira edición coa celebración, a próxima fin de semana, de dúas regatas costeiras na ría de Vigo. A histórica cita do club baionés, unha das máis importantes da vela pesada en Galicia e unha das máis lonxevas do panorama náutico español, volve a escena patrocinada un ano máis por Repsol, ratificando así o apoio que, desde hai anos, a empresa enerxética presta ao deporte da vela.

Mondariz mellora a eficiencia enerxética de edificios públicos

O Concello de Mondariz aproveitou o último ano da convocatoria de axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) para presentar varios proxectos de rehabilitación enerxética de edificios públicos que finalmente foron aprobados e xa están en marcha.

O Centro de Interpretación do viño e a lamprea de Arbo, ‘Arabo’, recibe un ano máis o distintivo SICTED

O Pasado 26 de abril de 2021, celebrouse a I Gala de Calidade Turística no destino SICTED Condado-Paradanta, evento no que se entregou, un ano máis, o distintivo SICTED –que premia a excelencia e profesionalidade de empresas e servizos turísticos– ao Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea 'Arabo'. O responsable do Museo Arabo, Guillermo Gayoso, recibiu o distintivo SICTED da man do alcalde de Arbo, Horacio Gil.

Baiona tínguese de laranxa para visibilizar a loita contra a fibrose quística

Baiona iluminou de cor laranxa a casa do Concello na noite deste luns ao amparo da conmemoración do Día Nacional da Fibrose Quística, que se celebra hoxe 28 de abril. Deste xeito a institución baionesa únese á demanda da Asociación Galega de Fibrose Quística, co obxectivo de visibilizar a enfermidade.