Domingo, 3 Agosto de 2025

Comarcas

A Xunta inicia os traballos da senda peonil na PO-404 no concello de Tui

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia comezou a execución das obras dunha senda peonil na estrada PO-404, entre os puntos quilométricos 1+760 e 1+820, no concello de Tui, unha intervención que conta cun investimento de 32.400 euros e cun prazo de execución de 2 meses.

A Fundación Menela inicia en Panxón a súa primeira etapa do Camiño pola Costa

Un grupo de usuarios do Centro Castro Navás da Fundación Menela (Priegue) iniciou onte en Panxón a súa primeira etapa do proxecto ‘Xacobeo Autismo. Un Camiño de todos’, acompañados de persoal especializado e de boa parte do goberno local de Nigrán.

O GES da Cañiza contará cun camión cedido pola Xunta

O pasado 28 de abril o alcalde Luis Piña solicitou oficialmente á Vicepresidencia 1ª da Xunta a equipación necesaria para activar o GES, e o 3 de maio recibiuse no Concello notificación da Xunta para a cesión dun vehículo de emerxencias.

A Agrupación Musical de Goián dará un concerto na praza do Seixo polo Día das Letras Galegas

Co gallo da programación cultural prevista para o Día das Letras Galegas, o vindeiro 17 de maio a Agrupación Musical de Goián ofrecerá un concerto na Praza do Seixo.

Redondela reestrutura os Servizos Sociais municipais “para reforzar e axilizar o servizo á cidadanía”

O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Redondela, que xestiona directamente a alcaldesa Digna Rivas, será obxecto nas vindeiras datas dunha fonda reestruturación que permita “axilizar este servizo esencial e reforzar a súa capacidade de resposta ás necesidades da veciñanza”.

Amelia Tiganus presenta a escolares da Guarda o Cómic ‘Historia dunha Loita’

Os días 12 e 19 de maio, alumnado de 1º de Bacherelato do IES A Sangriña da Guarda participará na presentación do Comic 'Amelia: historia dunha loita. Esta actividade, organizada polo Centro de Información á Muller(CIM) da Guarda, realizarase en horario de tarde no Centro Cultural de A Guarda, onde Amelia Tiganus, realizará esta presentación a través de videoconferencia.

Ponteareas cuadriplica o número de participantes nos obradoiros SmartPeme

A deputada de Novas Tecnoloxías, Ana María Mejías, visitou as tres oficinas de SmartPeme da Área, situadas en Vigo, O Porriño e Ponteareas, e constatou os datos dun avance que cualificou como “espectacular”. Durante a visita á oficina de SmartPeme en Ponteareas, que contou coa asistencia da alcaldesa en funcións, Cristina Fernández, revelouse que rexistrou un total de 740 asistentes (un 421 % máis) aos 30 obradoiros que organizou durante 2020 cun crecemento porcentual que é o maior da área.

Nova sesión de teatro en Ponteareas coa representación de ‘Clausura do amor’ a cargo de Cámara Negra Teatro

A Concellaría de Cultura do Concello de Ponteareas presenta, dentro do convenio de colaboración coa Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), a obra Clausura do amor, a cargo do grupo Cámara Negra Teatro. A representación será o vindeiro sábado 15 de maio ás 20 horas na sala de usos múltiples do auditorio municipal de Ponteareas.

O Monte Real Club de Iates renova, un ano máis, a Bandeira Azul

O Monte Real Club de Iates vén de renovar, un ano máis, a Bandeira Azul que distingue ao porto do club polo coidado ambiental das infraestruturas, a calidade das augas e a excelencia dos servizos náuticos.

O Concello de Salvaterra cambiará o alumeado no centro urbano para utilizar tecnoloxía LED

Esta semana arrancan as obras de cambio a led no centro urbano de Salvaterra de Miño contemplados nos proxectos Iluminación sostible nos BIC'S e Iluminación exterior sostible I que se enmarcar dentro do convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Salvaterra de Miño.

Nigrán continúa coa súa aposta polo comercio local lanzando os primeiros vídeos de #eusondecomprarennigran

O Concello de Nigrán continúa coa súa campaña de promoción do comercio local 'Eu son de mercar en Nigrán. E ti de quen ves sendo?' co lanzamento mañá ás 17:00 horas nas súas redes sociais do primeiro dos vídeos. Así, a estrea estará protagonizada por Amador Domínguez, propietario desde hai 17 anos do xa histórico establecemento Venus, situado no centro do municipio.

Volve a ‘Clásica Álvaro Pino’ a Ponteareas

O gran fondo cicloturista que leva o nome do ilustre exciclista ponteareán volve a Ponteareas despois de 5 anos sen celebrarse e xa ten data oficial, o 3 de outubro. A marcha estrea un novo organizador, a asociación deportiva Plan C, en colaboración co Concello de Ponteareas.