9 C
Pontevedra
Mércores, 24 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán continúa coa súa aposta polo comercio local lanzando os primeiros vídeos...

    Nigrán continúa coa súa aposta polo comercio local lanzando os primeiros vídeos de #eusondecomprarennigran

    O Concello de Nigrán continúa coa súa campaña de promoción do comercio local ‘Eu son de mercar en Nigrán. E ti de quen ves sendo?’ co lanzamento mañá ás 17:00 horas nas súas redes sociais do primeiro dos vídeos. Así, a estrea estará protagonizada por Amador Domínguez, propietario desde hai 17 anos do xa histórico establecemento Venus, situado no centro do municipio.

    Ao longo dos vindeiros meses o Concello irá lanzando sucesivos vídeos de menos de 3 minutos de duración con cadanseu comerciante narrando a súa historia persoal ao tempo que invita a consumir localmente, xuntos representarán ao tecido empresarial do municipio ao ser de diferentes sectores e parroquias. A participación nesta campaña, que consta tamén de vallas, carteis, pegatinas, vinilos e bolsas de papel kraf, manterase ao longo de todo o ano e está aberta a quen desexe participar previa solicitude a comunicacion@nigran.org

    “Como xa fixemos no Nadal, queríamos que os comerciantes de Nigrán fosen precisamente os protagonistas das iniciativas do Concello para promover o consumo de proximidade, nada mellor que eles para recordarnos que somos veciños, que o seu trato é cercano, que a riqueza se queda no pobo… etc”, subliña o alcalde, Juan González, quen agradece a Ovalmi a súa colaboración para poder levar adiante esta nova campaña.

    A iniciativa inclúe difusión publicitaria e en redes, regalo de 8.000 bolsas e carteis entre o pequeno comercio, vinilos para escaparates, pegatinas, etc. –os non asociados a Ovalmi todavía poden adquirir o seu lote dirixíndose ao Concello, Oficina de Información Cidadá, de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h. Todo o deseño é obra, precisamente, da deseñadora gráfica de Nigrán Olalla Fernández e a empresa Ño! Espazo Creativo.

    Amador Domínguez

    Nesta primeira fase, un un total de vinte comerciantes aparecen na cartelería e agora en oito vídeos para recordar ao consumidor que non é preciso saír de Nigrán para mercar produtos da mellor calidade ou de gran singularidade. Así, se nos carteis participaron desde unha peixaría a un centro de estética, tendas de roupa, establecementos hostaleiros, bazares, un taller de rodas, unha mercería, perruquerías… nos vídeos sairán desde un centro de estética a unha parella de agricultores, un restaurador…

    “Esta é a campaña municipal máis ambiciosa ata o momento, as anteriores tiveron moito éxito e queremos seguir apelando á responsabilidade individual para que as nosas rúas sigan con vida e para que superemos xuntos esta crise sanitaria e económica, por iso queremos poñerlle cara aos nosos veciños comerciantes”, insiste o rexedor

    O Concello de Nigrán xa ten elaborado e difundido con anterioridade un decálogo que enumera os motivos para mercar no municipio: “Porque xuntos venceremos esta crise. Porque somos veciños. Porque cando todo isto pase seguiremos mantendo as rúas con vida. Porque axudas as persoas emprendedoras e xeras emprego. Porque a riqueza se queda no pobo. Porque evitas maiores desprazamentos e resulta ecolóxico. Porque aínda que agora o tape a máscara, sempre temos un sorriso de agradecemento. Porque ti nos importas”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.