Totalmente de balde e doada, así é a ruta de sendeirismo que o Concello de Covelo propón para este domingo día 26. Oito quilómetros ao longo dun trazado circular con tramos lineais que nos permitirán descubrir a beleza do Roteiro dos Carranos PRG-g 95.
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, recibiu os alumnos do IES Illa de San Simón de Redondela premiados co galardón QuinteSciencie, da Olimpíada Científica Xuvenil Española.
Os veciños de Bouzavella (Panxón) decidirán este xoves o futuro da súa rúa: bidireccional (como é actualmente) ou de sentido único a partir do cruce de Gorféns.
Comeza a conta atrás para o Mercado de Nadal que Tui que reunirá a un total de 50 expositores ao longo das tres quendas en que se vai celebrar dende o 1 de decembro ao 5 de xaneiro.
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asinou co alcalde de Arbo, Horacio Gil, un convenio de colaboración enmarcado no Programa Provincial de Infraestruturas e Dotacións Singulares para a Execución da Axenda 2030 (PON2030) a través do cal o goberno provincial financiará con preto de 370.00 euros, o 90 % do orzamento, os traballos para a mellora da mobilidade peonil na contorna da capela de San Xoán de Barcela.
O auditorio do Xunqueira acolleu a celebración dun pleno infantil no que participaron alumnos dos centros de primaria e secundaria do municipio xunto coa alcaldesa Digna Rivas, a concelleira de Infancia, Pilar Martínez, e representantes de todos os grupos políticos da corporación.
O Concello de Nigrán ofrece este sábado, 25 de novembro, con motivo do 'Día Internacional para a erradicación da violencia contra as mulleres', o monólogo 'En pé de igualdade' das actrices galegas Arantxa Treus e Marta Doviro ás 19:00 horas no Auditorio Municipal.
Preto de medio millar de persoas participarán este sábado, 25 de novembro, no VII Urban Trail Night Eurocidade, que partirá ás 19.30 h do Centro Coordenador de Transportes de Valença, e cuxa liña de meta estará situada no Paseo da Corredoira en Tui.
EC4RURAL é unha inciativa de creación de comunidades enerxéticas na que participan 22 concellos da comunidade autónoma de Galicia, e da que Salvaterra de Miño é parte.
A Escola Municipal de Música do Porriño celebra o día da patroa dos músicos, Santa Icía, cun concerto. Será este xoves, día 23 de novembro, a partir das 19 h no Círculo Recreativo Cultural.
Un ano máis o Concello de Covelo quere recoñecer a traxectoria da súa veciñanza e ultima xa unha nova edición dos premios “Síntete Covelo”. A novena edición ten aberto o prazo para as candidaturas que optarán a recibir este sentido recoñecemento.
O vindeiro xoves, 23 de novembro ás 18:00 horas, desenvolverase un novo contacontos na Biblioteca Municipal Valle-Inclán de Redondela, dentro do programa "Tardes de Outono. Contos en familia" organizado pola Fundación Filomena Rivero Alonso.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.