Venres, 8 Agosto de 2025

Comarcas

Once persoas desempregadas iniciaron hoxe traballos de roza e limpeza de camiños e estradas de Redondela

Hoxe martes, 1 de xuño, comezaron o seu traballo as brigadas encargadas dos labores de roza nos camiños e estradas de titularidade municipal de Redondela. Por primeira vez, serán 11 persoas en situación de desemprego e contratadas a través do Plan Concellos, os que realicen estes traballos que habitualmente eran encargados a unha empresa.

O Concello de Ponteareas felicita á SD Juvenil e ao CDC Areas pola súa clasificación para a fase de ascenso a Terceira

O concelleiro de Deportes de Ponteareas, Miguel Bouzó, vén de trasladar os parabéns do goberno local á SD Juvenil de Ponteareas e ao CD...

Éxito da primeira proba de ‘Orienta Aventura’ na contorna de Monte Castelo en Parada, Nigrán

O Concello de Nigrán, coa colaboración da Comunidade de Montes de Parada, celebrou este domingo con gran éxito a súa primeira proba de 'Orienta Aventura' na contorna de Monte Castelo (Parada). Un total de 150 persoas divididas por equipos de 2 a 5 persoas en dúas categorías –'Explorers' só para maiores de 12 anos e 'Pequenos castores' para grupos con algún menor de 12– percorreu durante dúas horas e media o monte na procura de puntos escondidos en balizas coa única axuda dun mapa.

Tomiño licita a explotación da cafetería do Espazo Fortaleza por un período de dous anos

O Concello de Tomiño vén de sacar por segunda vez a licitación a explotación da cafetería do Espazo Fortaleza de Goián. Trátase dun espazo equipado convenientemente cun canon base de licitación fixado en 1.210,00 euros (IVE incluído) para un prazo de aluguer de 2 anos.

Ponteareas acollerá por primeira vez un Campionato de España de hóckey a patíns

O pavillón do Complexo Deportivo Álvaro Pino de Ponteareas acollerá do 24 ao 27 de xuño o campionato de España de hóckey a patíns na categoría sub 17 feminina. Trátase da primeira competición de ámbito estatal desta modalidade que se celebrará na vila do Corpus.

Informática para nenos e nenas, formación de balde na Aula CeMIT da Guarda para este verán

A Aula CeMIT da Guarda organiza unha nova formación en informática de balde dirixida a nenas e nenos (de 9 a 14 anos). Dende un enfoque pedagóxico centrado na persoa, realizarase unha formación adaptada aos intereses e motivacións de cada asistente, contando con grupos reducidos e prazas limitadas.

As Escolas deportivas municipais do Concello de Baiona organizan a súa tradicional viaxe ás Illas Cíes

O vindeiro sábado día 26 de xuño e para complementar o peche do curso escolar deportivo 2016-2017 das Escolas Deportivas Municipais, a Concellería de Deportes de Baiona, que xestiona Miriam Costas, programa unha viaxe ás Cíes. A inscrición abrirase a partir do día 1 de xuño para todos os socios e socias das Escolas Deportivas Municipais, mentres que os non socios que queiran participar deberán esperar ao día 14 de xuño para poder anotarse.

Zona Franca abre as portas de Porto do Molle para mostrar a planta que transforma augas negras en fertilizante

Zona Franca de Vigo abriu as portas de Porto do Molle (Nigrán) nunha xornada na que mostrou os resultados do proxecto ambiental europeo 'Run4 Life', para transformar as augas negras (augas dos inodoros) en fertilizantes de baixo impacto.

A Concellería de Infraestruturas do Porriño licita o saneamento de Corzón, en Pontellas

A Concellería de Infraestruturas do Concello do Porriño, que dirixe o nacionalista Pedro Pereira, vén de anunciar a realización das obras de saneamento en Corzón, na parroquia de Pontellas. O proxecto atópase na actualidade en proceso de licitación e manterá aberto o prazo de presentación de ofertas ata o mércores 9 de xuño.

Salceda e As Neves asinan un convenio para ceder, por parte das Neves, unha biotrituradora de refugallos de poda

A alcaldesa de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira, e o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, asinaron este venres, acompañdos polos concelleiros de Medio Ambiente dos dous concellos, Rubén González Coto, e Óscar González, un convenio que regula a cesión gratuita, por parte das Neves, dunha máquina trituradora de refugallos de poda e reciclaxe de refugos vexetais.

A Deputación pon en marcha novas actuacións de conservación de firmes en Redondela

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de dar luz verde ás novas actuacións de conservación de firmes na rede viaria provincial, ao abeiro do Acordo Marco que regula estes traballos de mantemento nos 1.650 quilómetros de estradas provinciais.

O Concello da Guarda mellora a accesibilidade no Conservatorio de Música

O Concello da Guarda ven de rematar as melloras na accesibilidade no edificio do Conservatorio de Música Elemental da Guarda, consistentes na adaptación á normativa vixente do ascensor deste espazo e que dende hoxe mesmo poderán empregar os usuarios con problemas de mobilidade.