O Concello do Rosal continúa co seu compromiso coas traídas de augas veciñais. A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, mantivo un encontro de traballo coas distintas comunidades de augas para afondar sobre as accións que se levaron a cabo ao abeiro do novo Plan Director da Auga, que incluíu o mapeado dixitalizado da rede de abastecemento de auga municipal e veciñal.
O centro cultural de Mouriscados (Mondariz) acollerá este venres 24 e sábado 25 unhas xornadas orientadas a difundir as posibilidades de xestión sostible dos montes veciñais.
Na súa intervención explicou que o deseño e o manual de identidade visual corporativo foi elaborado pola deseñadora local Ana Cividanes quen recibiu o encargo de renovar a imaxe corporativa pero sempre integrando a imaxe do escudo.
O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, e o concelleiro de Cultura, Policarpo Vilar Misa, fixeron entrega da bandeira do Concello de Baiona a unha familia baionesa que vai saír no seu veleiro desde a Vila para dar a volta ao mundo.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Formación e Emprego, Julia Loureiro, informaron hoxe de que desde a Axencia de Colocación do Concello de Mos estase iniciando a selección dos 100 participantes no novo Programa Integrado de Emprego que foi concedido pola Xunta de Galicia á administración local mosense.
O Concello de Nigrán abre o prazo de inscrición para participar este sábado 25 de novembro ás 10:00 horas nun roteiro por Chandebrito encadrado no programa municipal 'Paseando Nigrán'.
O comercio tudense fará gala de creatividade e orixinalidade nestas festas para participar no I Concurso de Escaparates de Nadal 2023/24 organizado polo Concello de Tui, a través da concellería de Emprego e Comercio, en colaboración con ACITUI, a Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui.
Alertados polo 112 Galicia, axentes da Policía Local de Redondela acudiron esta madrugada, arredor das 04.30 horas, a un incendio declarado no interior dun establecemento da Avenida de Vigo, na parroquia de Chapela.
Coñecer de primeira man as oportunidades turísticas do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño. Ese era o obxectivo co que 14 touroperadores de Galicia e Portugal estiveron percorrendo o territorio nunha visita que supuxo dar os primeiros pasos para estreitar lazos e crear sinerxías co tecido empresarial dos 14 concellos do Xeodestino.
A Xunta de Galicia incorpora ao Catálogo de árbores senlleiras dúas sobreiras, localizadas no concello de Valga, e unha formación de 14 exemplares desa mesma especie, que se atopan no municipio de Tomiño, segundo a resolución que publica hoxe o Diario Oficial de Galicia.
O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Baiona informa que a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, organiza este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.