Mércores, 17 Setembro de 2025

Comarcas

O Concello de Nigrán intenta salvar ao castiñeiro de San Pedro do “chancro”

O Concello de Nigrán traballa a contrarreloxo para salvar do 'chancro' ao castiñeiro centenario de San Pedro despois de que a Brigada Forestal Municipal detectase a súa presencia.

Salvaterra mellorará o bombeo de Ponte Cordeiro

O Concello de Salvaterra de Miño está executando a través do Plan Concellos da Deputación Provincial de Pontevedra varias obras de mellora nas instalacións de abastecemento.

O sector vitivinícola do Condado Paradanta podería contar con once novos polígonos agroforestais

O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Condado Paradanta identificou ata once posibles novos polígonos agroforestais para o sector vitivinícola, como resultado dun estudo básico sobre as posibilidades de crecemento deste ámbito produtivo.

Tui acende un Nadal musical, solidario e sostible

Tui vivirá un Nadal cheo de música cunha ampla programación que comezará o venres 1 de decembro e se prolongará até o venres 5 de xaneiro, centrada na solidariedade e sostenibilidade.

O Rosal estréase con dúas Flores de Honra no certame ‘Vilas en Flor’

O Rosal estreouse con dúas Flores de Honra no certame Vilas en Flor, unha iniciativa que busca poñer en valor o deseño, xestión e mantemento dos espazos verdes urbanos.

Redondela oferta 180 prazas no programa municipal Concilia Nadal

A Concellería de Igualdade, que dirixe Iria Vilaboa, organiza un ano máis o programa municipal de conciliación para as vacacións escolares de Nadal.

A última queda do ano de “Voando nas Rías Baixas” será na Enseada de San Simón

Chega á Enseada de San Simón a derradeira ruta ornitológica “Voando nas Rías Baixas” que promove a Deputación de Pontevedra en colaboración con SEO Birdlife para observar as aves que habitan nesta paisaxe intermareal entre os concellos de Redondela, Soutomaior, Pontevedra e Vilaboa.

Baiona reparte a o estudiantado un exemplar do libro “A Walk in Baiona”

O Concello de Baiona, fixo entrega de máis de 600 exemplares do libro “A Walk in Baiona” a todo o alumnado de educación infantil e primaria do municipio.

40 persoas participaron no Pavillón Óscar Pereiro na xornada divulgativa FaleMos de Diabetes

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, xunto coa concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, e outros 40 asistentes, persoas de diferentes idades e colectivos, participaron na charla titulada FaleMos de Diabetes e que foi organizada con motivo do Día Mundial da Diabetes 2023 que se conmemorou o pasado 14 de novembro.

O Concello de Tui colabora cos actos conmemorativos do 101 aniversario dos sucesos de Sobredo

Neste ano 2023, no que se celebra o 101 aniversario dos tráxicos sucesos de Sobredo onde tres persoas labregas foron vítimas do disparos das forzas da orde contra unha mobilización agrarista, o Concello de Tui seguirá colaborando, nunha nova oportunidade, coa celebración da homenaxe aos Mártires de Sobredo.

O Concello de Redondela conmemora o 25N con escolares e asociacións

O Concello de Redondela celebrou este mediodía xunto a colexios e asociacións un acto reivindicativo co gallo do Día Internacional da Eliminación da Violencia Machista que se conmemora mañá.

Tomiño acolle os premios “Vila en flor”

A Xunta de Galicia salienta o compromiso dos 38 concellos galardoados este ano cos premios Vilas en flor coa protección dos valores paisaxísticos, ambientais e naturais da Comunidade.