Martes, 17 Xuño de 2025

Comarcas

Primeira concentración solicitando a reapertura do consultorio médico de Goián, en Tomiño

Éxito de participantes na primeira concentración organizada pola Plataforma en defensa da sanidade Pública de Tomiño. A concentración celebrouse o pasado sábado 31 de Xullo ás 12:00 horas do mediodía en Goián, reinvindicando mais médicos, mais administrativos e a reapertura do consultorio médico de Goián.

Últimos días para inscribirse na carreira pola praia ‘X Nigrán Area’

Concello de Nigrán e a Sociedade Atlética Val Miñor, coa colaboración da Deputación de Pontevedra a través da Liña 2 do Plan Concellos, Federación Galega de Atletismo e Deporte Galego, retoman o sábado 7 de agosto a décima edición da 'Nigrán Area'.

Tomiño consulta a opinión veciñal sobre o seu terceiro Plan de Igualdade

A Concellería de Igualdade do Concello de Tomiño vén de colgar na web municipal unha enquisa dirixida á cidadanía co obxectivo de coñecer a opinión e valoración que a mesma ten sobre as accións levadas a cabo neste eido.

A Guarda acolle este sábado un espectáculo de baile e música da Man de “O Fiadeiro”

Este sábado día 7 de agosto o Auditorio de San Benito da Guarda será o escenario dun espectáculo de Baile e Música a cargo de “O Fiadeiro” e que terá inicio ás 20:30h da tarde.

Nigrán abre o prazo de inscrición para o roteiro polo ‘Outeiro dos Mouros’

O Concello de Nigrán ten aberto o prazo de inscrición para participar este mércores 4 de agosto no roteiro guiado polo 'Outeiro dos Mouros', na parroquia de Parada.

O TMKiteClub aposta polo deporte feminino coa primeira Master Class de kitesurf para mulleres

O TMKiteClub aposta polo deporte feminino coa primeira Master Class exclusiva para mulleres, unha actividade totalmente gratuíta enmarcada dentro do proxecto GALP para a dinamización de Cesantes e coa que o club pretende fomentar e impulsar o papel da muller dentro do deporte do kitesurf.

Nigrán mantén a súa esencia na programación sociocultural de agosto

O Concello de Nigrán continúa este verán co seu lema ‘Nigrán, equilibrio natural’ para presentar unha programación sociocultural de agosto no que se manteñen os principais eventos de cada ano e se engaden novidades para todo tipo de públicos e gustos.

A Escola de Ciclismo Avanza galardoada co premio o mellor equipo da Copa Galicia de XCO

A Copa Galicia de BTT-XCO puxo o peche final a tempada 2021 no Concello de Ribadumia, onde tiña lugar a 1º XCO kiwi Atlántico, última proba de Copa Galicia onde xunto os gañadores da proba tamén se fixo entrega dos trofeos os gañadores da copa Galicia XCO 2021.

Iniciadas as obras para a construción do Centro Social de Quintela

O Concello de Redondela iniciaba a semana pasada os traballos para a construción do Centro Social de Quintela, obras que se realizan nos terreos cedidos por ADIF-AV e que foron licitadas cun importe de 423.635,22 € con cargo ao remanente de tesourería. Os traballos, adxudicados á empresa Rocas Graníticas del Condado, S.L., teñen un prazo de execución de 4 meses.

O Rosal licita a reforma da Praza do Calvario

O Concello de O Rosal acaba de licitar a reforma da Praza do Calvario, un proxecto que suporá unha reforma integral deste núcleo urbano. O plan do Goberno local busca recuperar espazos públicos de calidade para a veciñanza, e conta cun orzamento de máis dun millón e medio de euros. Para financiar parte dos traballos, o Concello acaba de solicitar a axuda ReacPon da Deputación de Pontevedra.

PP e Converxencia Galega votan en contra dunha subvención de 600.000 € para o pavillón da Sangriña na Guarda

No pleno celebrado o venres no concello da Guarda un dos puntos da Orde do Día era a aprobación do Proxecto de execución de reforma e ampliación do pavillón polideportivo da Sangriña, cun orzamento de 1.674.024 € e cuxa aprobación plenaria era requisito fundamental para presentalo a liña de subvencións ReacPon (Reacciona Pontevedra Provincia) da Deputación de Pontevedra.

A ‘Travesía Vila do Tea’ de natación volve a Ponteareas

A Travesía Vila do Tea presentou hoxe a súa quinta edición no Concello de Ponteareas. Os nadadores volverán ao verán do municipio, despois de que a edición do ano pasado tivera que ser suspendida por mor da COVID. O concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó, destacou o “grande esforzo” do Club de Natación Ponteareas para organizar un evento “moi importante” para o municipio.