O Ferry-Boat que comunica A Guarda con Caminha (Portugal) retoma na tarde deste venres día 13 de agosto o seu funcionamento despois de que no pasado día 23 de xuño o patrón do ferri Santa Rita de Cassia detectase un escoramento anormal na plataforma de atraque do transbordador, feito que se puxo, de forma inmediata, en coñecemento dos responsables de Portos de Galicia, na actualidade propietarios e xestores da estrutura e que motivou ao peche desta infraestrutura e á interrupción do servizo.
Dende esta semana é posible obter o certificado COVID e a Chave 365 no Centro de Servizos Sociais de Ponteareas, no número 10 da rúa Oriente en horario de 08.00 a 14.30 horas. O Concello cedeu este espazo á xerencia do Sergas da Área Sanitaria de Vigo para poder ofrecer este servizo aos veciños e veciñas da vila e tamén da comarca.
O presidente da Mancomunidade do Val Miñor, o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, acompañado polos rexedores dos outros Concellos que integran esta entidade –Carlos Gómez, rexedor de Baiona, e Juan González, alcalde de Nigrán–, xunto a xefa territorial de Emprego e Igualdade da Xunta en Vigo, Marta Mariño, inauguraron onte o obradoiro 'Pedras do Miñor', enmarcado no Plan de Garantía Xuvenil, cofinanciado por l Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego xuvenil, cunha dotación de preto de 369.493 euros.
Ponteareas será un lenzo en branco para os pintores e pintoras galegas esta fin de semana. Un lugar onde inspirarse e descubrir novas creacións artísticas. A vila estrea a primeira edición da mostra PonteArt que organizan a Federación de comercio, hostalaría e servizos de Ponteareas –Banastra– e o Concello, co obxectivo de achegar “a toda a veciñanza ás artes pictóricas”, destaca a alcaldesa, Cristina Fernández Davila.
O Concello de Salvaterra de Miño ven de abrir, neste mes de agosto, unha nova Oficina de Turismo xunto ao parque público A Canuda, co fin de atender o incremento de demanda de información turística durante estes meses e, do mesmo xeito, abre tamén en época estival o servizo gratuíto de bicicletas. O horario de ambos servizos é de mércores a domingo de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 a 19:30 h, de agosto a novembro.
Dentro da liña de traballo que se ven realizando de posta en valor do patrimonio histórico cultural, e despois da restauración do cruceiro de Vilacoba, o da Igrexa de Leirado, Cimadevila en Fornelos, o muiño en Alxén, neste momento o Concello de Salvaterra de Miño encóntrase rematando a intervención sobre o peto de ánimas e o Cruceiro de San Roque de Cabreira, para posteriormente empezar coa restauración do palco de música de Leirado.
Gondomar inaugurou a segunda fase da mellora do camiño de Sequeirós coa actuación acometida sobre a coñecida como 'Estrada de Rasas' na que se executaron, básicamente, as obras de reposición do pavimento asfáltico. Complétase así o proxecto iniciado coas obras no tramo do camiño de Sequeirós co cruzamento coa PO-340, no que se ampliara, na primeira fase, o espazo pola marxe dereita dotándoo de beirarrúas e ampliando o ancho de calzada que “era escaso facendo o paso de vehículos moi axustado, e moi difícil para os peóns”.
Dende onte mércores 11 de agosto é posible obter a Chave365 e o certificado COVID na planta Baixa da Área Panorámica. Aí vén de abrir unha oficina, atendida por unha persoa funcionaria do Servizo de Atención Primaria da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. O Concello de Tui colabora así coa xerencia do SERGAS da Área Sanitaria de Vigo pondo a dispor este punto na Área Panorámica para a prestación deste servizo á cidadanía.
Xornada de reciclaxe onte para os nenos e nenas do campamento de verán do Rosal. Na mañá do mércores recibiron a visita da concelleira de Medio Ambiente, Sara Vicente, e o mestre composteiro do Concello para aprender e traballar coa reciclaxe. Os pequenos e pequenas mostraron “o ben ensinados que están”, destaca a concelleira, e separaron todos os residuos que había mesturados en caixas para bótalos nos colectores correspondentes.
O Goberno local de Redondela iniciou, nestes días, a renovación do seu mobiliario urbano optando por “deseños máis actuais e funcionais e con materiais de longa duración que minimicen o seu mantemento”, asegurou hoxe a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas.
O Concello de Ponteareas, a través do concelleiro de Cultura, Fernando Groba, quere felicitar ao veciño Sergio de Arcos polo seu primeiro premio no concurso de banda deseñada que organiza a escola O Garaxe Hermético.
O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publica onte o anuncio coa apertura do prazo para a concesión de subvencións do Concello de Nigrán para as diferentes entidades do municipio (culturais, veciñais, festeiras ou deportivas). O prazo de solicitude é dun mes, finalizando o 9 de setembro (inclusive).
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.