Domingo, 25 Maio de 2025

Comarcas

A Concellería de Deportes cede locais no pavillón de deportes da Marisma a catro clubs redondeláns

A Asociación Deportiva CAR de atletismo, o CPA Bolboreta de patinaxe artística, o Fútbol Sala Redondela e o Club Baloncesto Redondela, contan xa con locais no pavillón de deportes da Marisma.

Portugal “toma nota” do Revitaliza como modelo de xestión de residuos

Representantes de Zero Associaçao Sistema terrestre sustentable de Portugal, unha fundación sen ánimo de lucro que asesora aos municipios portugueses en materia de residuos, vén de realizar unha visita á provincia de Pontevedra para coñecer de primeira man o Plan Revitaliza de compostaxe.

Gondomar aspira ao recoñecemento de 3 flores de honra por parte da Asociación “Vilas en flor”

Os membros do xurado recibiron as explicacións sobre a memoria desenvolvida para a ocasión, na que destaca a recente adquisición e limpeza da Casa Peralba, no concello de Gondomar, para destinar a usos sociais da veciñanza nun futuro.

“Un home con lentes de pasta”, unha comedia negra para abrir a tempada teatral no Centro Cultural da Guarda

O vindeiro 9 de outubro chega ata a Guarda á peza teatral “Un home con lentes de pasta”, unha comedia negra que versa sobre as relacións humanas, a presión das conviccións sociais, da necesidade de contar historias, de escoitalas e de formar parte delas.

A Xunta concede 23 cursos de formación para desempregados no Condado e no Baixo Miño

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luis López, anunciou hoxe que a Consellería de Emprego e Igualdade vén de aprobar a celebración de 23 cursos de Acción Formativa para Desempregados (AFD) nas bisbarras do Condado e O Baixo Miño cun investimento de máis de 1,1 millóns de euros.

A Cañiza humanizará a rúa Antonio Facorro coa axuda da Deputación

A Deputación de Pontevedra concede unha axuda de 50.000 € ao Concello da Cañiza, a cal permitirá afrontar o 90% os gastos da redacción do proxecto “Humanización da rúa Antonio Facorro dende a EP-5003 que ven de Arbo ata o entronque coa N-120”.

O Concello do Porriño acorda doar 20.000 € para axudar á illa de La Palma

O Concello do Porriño doará 20.000 € para axudar á xente da illa canaria de La Palma, afectada desde o pasado domingo 19 de setembro pola erupción volcánica.

O pleno de Ponteareas aproba por unanimidade o convenio de colaboración para a ampliación e reforma da depuradora

O pleno de Ponteareas reuniuse o pasado martes para tratar distintos asuntos de importancia para a vila. Entre eles, destaca a aprobación por unanimidade do convenio de colaboración para a ampliación e reforma da depuradora do municipio.

Boa acollida do Torneo de Xadrez Concello de Oia na súa primeira edición

A pasada fin de semana desenvolveuse a primeira edición do Torneo de Xadrez Concello de Oia, evento que gozou dunha moi boa acollida, con preto de 40 participantes procedentes de diversos clubs galegos.

Esta fin de semana xóganse en Tui as fases de ascenso a División de Honra Infantil e Xuvenil Masculino de Balonmán

Tui será a sede esta fin de semana das fases de ascenso a División de Honra Infantil e Xuvenil Masculino de Balonmán nas que participa o Balonmán Tui en ambas categorías.

A Guarda acolle unha Formación sobre “Planificación Estratéxica Empresarial”

Na tarde do mércores día 29 de setembro de 2021 o Salón de Plenos do Concello da Guarda acolleu a sesión de formación sobre “Planificación Estratéxica Empresarial” enmarcada no proxecto Atlantic Culture Scape.

A obra Elisa e Marcela chega a Baiona dentro do programa ‘Tornar ás táboas’

Este domingo, 3 de outubro, a compañía de teatro A Panadaría representará a súa peza teatral Elisa e Marcela dentro da programación cultural Tornar ás taboas da Deputación de Pontevedra. O evento celebrarase no Auditorio V Centenario de Baiona.