Domingo, 8 Xuño de 2025

Comarcas

Mistura Vocal presenta este sábado “A Historia do Luz”

A luz vai ser a protagonista do concerto que este sábado, 11 de decembro, ás 20 h o coro Mistura Vocal vai ofrecer no Teatro Municipal. Baixo a dirección da tudense Aloia Martínez 35 cantoras e cantores achegaránnos “A Historia da Luz” a través dun variado repertorio que brindará un percorrido musical por distintas épocas e estilos.

Aberta a inscrición para que Rondallas e Ranchos de Reis participen nos actos programados para a festividade de Reis 2022

Ata o día 31 de decembro terán de prazo para inscribirse as Rondallas e Ranchos de Reis que desexen participar nos actos programados polo Concello de Redondela con motivo da festividade de Reis 2022.

Campaña de redución de bolsas dun só uso na Guarda

O Concello de A Guarda pon en marcha unha campaña de sensibilización ambiental co obxectivo de reducir o consumo de bolsas dun só uso.

Nigrán informa da apertura do prazo para o Programa de Termalismo Social do IMSERSO

O Concello de Nigrán informa que xa está aberto o prazo para o Programa de Termalismo Social do IMSERSO dirixido a: pensionistas xubilados, pensionistas por incapacidade permanente, pensionistas por viudedade igual ou maiores de 55 anos, pensionistas por outras causas igual ou maiores de 60 anos, persoas igual ou maiores a 65 anos aseguradas ou beneficiarias do sistema de seguridad social.

Arredor de 450 persoas concentráronse no Rosal para denunciar a precaria situación da atención primaria

Arredor de 450 persoas se achegaron o pasado mércores 8 á Praza do Calvario do Rosal para secundar e participar na concentración convocada pola Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Rosal e polo Concello.

A Oficina de Turismo de Baiona recibe a Q de calidade turística

O tenente de alcalde de Baiona, Óscar Martínez, recolleu en Vigo o recoñecemento autonómico ao traballo da Oficina de Turismo de Baiona, tras renovar o distintivo da “Q de calidade turística” o pasado ano 2020.

A Policía Local rexeita facer horas extra para cubrir “as múltiples e repentinas baixas” de axentes

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, cualificou de “irresponsable” a negativa da Policía Local, comunicada á Alcaldía polo xefe de servizo, de facer horas extras para cubrir “as múltiples, sorprendentes e repentinas baixas” de axentes comunicadas, curiosamente, a menos dunha hora de comezar os seus respectivos servizos.

Teatro, circo, malabares, inchables e obradoiros, no Nadal Cultural de Tomiño

A Concellería de Cultura do Concello de Tomiño organiza un Nadal que este ano terá actividades para público infantil e familiar, relacionadas co teatro, o circo e os obradoiros, antes da tradicional Cabalgata de Reis.

Cine de Nadal este sábado na Casa Cultural Fontenla en Ponteareas

Sesión de cine de Nadal para esta fin de semana en Ponteareas ao abeiro do programa Cultura 24. O Concello organiza este sábado 11 ás 18.30 horas a proxección da película ‘Last Christmas’ na Casa Cultural Fontenla.

A Deputación instalará sistemas sostibles de xestión da auga en Nigrán, Ponteareas e A Cañiza

A Deputación de Pontevedra vén de recibir novamente boas noticias dende Europa. Unha vez máis o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) concedeu subvencións a proxectos ata en 8 concellos da man da institución provincial.

A Xunta publica no DOG a aprobación da transferencia de 4 estradas autonómicas ao Concello de Salvaterra

A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) o decreto polo que se aproba o cambio de titularidade a prol do Concello de Salvaterra de Miño da totalidade das vías autonómicas PO-420 Taboexa-Vilacova; a PO-430, que vai a Leirado; a PO-432 Salvaterra-Río Miño; e a PO-433, que vai a Cabreira.

As familias e a súa relación cos adolescentes, nova cita en Gondomar dentro do programa “Falamos”

Os próximos días 10 e 11 de decembro o programa “Falamos”, organizado polo goberno local de Gondomar, a través da súa concellería de Xuventude, ofrecerá charlas dirixidas ás familias de adolescentes, cuxo papel é vital no seu desenvolvemento.