“Camiñando xuntos” é o título do calendario de 2022 que vén de editar a Eurocidade Tui-Valença. Cada mes recolle unha imaxe de Tui ou Valença realizadas pola artista tudense Rosa Mª Vila.
Carla Acosta, integrante do grupo de participación Infantil e Xuvenil de Redondela Axentes do Cambio, vén de participar como relatora nas IV Xornadas Formativas de Cidades Amigas da Infancia en Galicia 'Estratexias para a promoción da participación infantil e adolescente desde o local'.
O Concello de Baiona decidiu suspender as Badaladas de Fin De Ano para evitar riscos de posibles contagios nuns actos de alta aglomeración de persoas e nos que non se pode garantir o uso da máscara.
O venres, 31 de decembro, celebrarase a 1ª San Silvestre Popular de Tui, con carácter non competitivo, dirixida a todas aquelas persoas que queiran participar nun evento lúdico deportivo antes de rematar o ano, e comer as doce uvas por adiantado.
A Concellaría de Promoción Económica e Consumo do Concello de Ponteareas, que dirixe Eva Gil, informa de que o mercado ambulante do sábado 25 de decembro e do sábado 1 de xaneiro cambiará de data ao coincidir cos festivos de Nadal e Aninovo.
A Asociación de Empresarios de Redondela coa colaboración da Delegación de Participación Ciudadana da Comisaría Local Vigo-Redondela da Policía Nacional, fai chegar a todos os seus asociados unha guía de recomendacións de seguridade para garantir a tranquilidade das compras de nadal na Vila.
O Concello de Nigrán rematou esta semana o reparto de xoguetes recadados na campaña solidaria 'Agasallos de Corazón' que aínda continua ata o luns 20 de decembro e que xa é a maior na Historia do municipio ao superar á de 2020.
O alcalde do Concello da Cañiza, Luis Piña, presenta o programa cultural e de lecer para este Nadal e Aninovo 2021-22. Trátase dunha programación pensada e dirixida para todos os públicos, onde os máis pequenos teñen un especial protagonismo.
“Naialma” naceu en 2020, o ano en que o mundo cambiou. É un traballo de piano só que parte da mente creativa de Alberto Vilas, un músico que durante o peor do confinamento decidiu compartir a diario a creación de nova música a través das redes sociais. A súa musica chega a Ponteareas este sábado ás 19.30 horas na Sala Multiúsos do Auditorio Municipal con entrada libre.
Dende hai uns días a Praza de Abastos da Guarda engalanouse para entrar nestas datas festivas do Nadal. Os praceiros e praceiras participaron nun obradoiro de decoración, grazas ao que artellaron a decoración do Nadal desta contorna.
A Praza das Escolas Vellas de Gondomar loce unha nova decoración a cargo dos usuarios e usuarias da Asociación Avelaíña de Saúde Mental do Val Miñor, que esta onte participaron nunha actividade de xardinería á que foron convidados polo alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, na recente visita que realizou ao centro que teñen en Baiona.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.