Venres, 19 Setembro de 2025

Comarcas

O Concello de Redondela habilita un sistema de cita previa na oficina de información do PXOM

O Concello de Redondela habilita un sistema de cita previa na oficina de información do Plan Xeral de Ordenación Municipal, na rúa Reveriano Soutullo. A oficina, situada no antigo conservatorio, está aberta ao público desde o pasado 21 de marzo de luns a venres de 8:30 h a 14:30 horas.

Nigrán duplicará o investimento do ‘Servizo de Axuda no Fogar’ ata chegar aos 1,3 millóns de euros anuais

O Concello de Nigrán duplicará o investimento no ‘Servizo de Axuda no Fogar’ pasando dos 580.000 €/ano actuais a 1,3 millóns de euros/ano co obxectivo de dar cobertura a todos os grandes dependentes do municipio. Trátase dunha suba dun 700 % con respeto ao contrato que rexeu ata 2021 (165.000 €/ano) e dun 125 % con respeto ao actual.

Redondela denuncia actos de vandalismo contra o alumeado público

O departamento de Infraestruturas e Sostibilidade do Concello de Redondela vén de denunciar os actos vandálicos reiterados contra as luminarias da vía pública. Nos últimos días recistráronse varios casos de roturas en lámpadas de farois causadas por disparos de escopetas de aire comprimido.

A Xunta convoca axudas á rehabilitación e mellora de vivendas de promoción pública por 1 millón de euros

A Xunta de Galicia destinará este ano 1 millón de euros para a reparación, rehabilitación e/ou adaptación de vivendas de promoción pública (VPP), tal e como explicou a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez.

Lucenza-Ateneo Nigrán organiza unha charla sobre ‘A participación dos galegos na loita pola independencia de Cuba‘

Lucenza-Ateneo de Nigrán organiza este venres 3 de abril, ás 20.00 horas, na vella estación do tranvía da Ramallosa, unha charla-coloquio que leva por título ‘A participación dos galegos no proceso de independencia cubano’ a cargo do profesor Moncho Fernández Leal e o xornalista Gustavo Luca de Tena.

O Porriño paga aos seus provedores “antes que nunca”

O Concello do Porriño pechou o cun ano cun período medio de pago de 42,81 días tal e como reflicten os últimos datos publicados polo Ministerio de Facenda no último trimestre do exercizo económico do 2023 que recolle o periodo medio de pago a provedores (PMP) das entidades locais.

Nigrán ofrece unha excursión a Padrón o domingo 14 de abril

O Concello de Nigrán, dentro do seu programa de turismo social para a veciñanza da terceira idade, abre a inscrición este venres 5 de abril de 9:30 a 12:30 no Pavillón Municipal de Panxón para participar o domingo 14 de abril nunha excursión a Padrón (A Coruña), onde se celebra un dos mercados dominicais máis concurridos de Galicia.

O Concello de Ponteareas consegue que a ITV inclúa de novo a inspección de vehículos agrícolas sen sair do municipio

O Concello recupera a posibilidade de que as persoas propietarias de vehículos agrícolas poidan realizar a inspección técnica sen saír do municipio. A área de Seguridade realizou esta reclamación á empresa que xestiona este servizo logo de comprobar que a vila non aparecía no listado para este ano 2024. Deste xeito, as persoas que o precisen xa poden solicitar a cita para os días 12, 15, 16 e 17.

As cifras de visitantes na Semana Santa confirman un marzo de récord en Tui

A Semana Santa impulsou os datos turísticos do mes de marzo en Tui, tal e coma constatan as estatísticas da Oficina Municipal de Turismo de Tui, no paseo da Corredoira. Durante o mes pasado neste punto de información turística foron atendidos 1.191 visitantes, unha cifra que supera nun 60% á rexistradas no mesmo mes de 2023.

O Porriño impulsa a declaración da ‘Festa dos Callos, e a ‘Feira apícola Rías Baixas’ como festas de Interese Turístico de Galicia

O Concello do Porriño iniciará os trámites necesarios para declarar a Festa dos Callos e a Feira Apícola Rías Baixas, dous emblemáticos eventos da localidade, como Festas de Interese Turístico de Galicia, en recoñecemento á súa importancia cultural, gastronómica e turística para a rexión.

As alfombras florais de Ponteareas, candidatas a Patrimonio Cultural Inmaterial da Unesco

O Ministerio de Cultura do Goberno de España, presentou a mediados de marzo, a candidatura de "A tradición da creación de alfombras florais e composicións rituais con materiais naturais" á Unesco na súa sede de Paris, para entrar na lista representativa do Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade, que será avaliada en 2025.

Redondela mantén a punto os seus areais no comezo da primavera

Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de revista as praias do municipio. Logo das limpezas realizadas durante o inverno para retirar o lixo arrastrado polos temporais aos areais, os traballos centráronse agora na posta a punto das infraestruturas e mobiliario urbano.