Sábado, 15 Novembro de 2025

Comarcas

Unha nova ruta de marcha nórdica para descubrir Celeiros

O Concello de Ponteareas organiza esta fin de semana unha nova ruta de marcha nórdica ao abeiro do ciclo de actividades para dar a coñecer esta disciplina no municipio, no que participaron máis de 60 persoas neste primeiros cinco meses do ano.

PP e BNG reúnense coa Asociación de Empresarios de Redondela

Tras as propostas lanzadas pola Asociación de Empresarios de Redondela para o impulso do tecido productivo, o Partido Popular foi o primeiro en reunirse co colectivo para analizalas.

As obras do cemiterio de Baiona comezan a última fase

Estes días realizouse a terceira e última fase das obras de impermeabilización dos teitos das estruturas de nichos situados no Cemiterio Municipal de Baiona.

Covelo ofrece este domingo un roteiro guiado gratuíto

No marco da programación estable de rutas de sendeirismo guiadas do Concello de Covelo, este domingo día 28 terá lugar o roteiro da Poza Piñeiro. Esta actividade, que se enmarca no proxecto RíosAldeasMontañas, promove o coñecemento do patrimonio natural entre visitantes, veciñanza e alumnado do CEIP Antonio Blanco.

Nigrán contrata a protección das dunas de Patos

O Concello de Nigrán amplía a protección do sistema dunar por vez primeira na súa Historia a outro areal diferente ao Praia América-Lourido, concretamente a Praia da Cansadoura ou Abra, en Patos.

O aparcadoiro “O Aral” de Baiona alcanza os 510 abonados

O aparcamento municipal ‘O Aral’ de Baiona alcanzou as 510 persoas abonadas, segundo os datos actualizados que recibiu hoxe o Concello.

Cesantes énchese de cometas co Campionato Galego de Kitesurf

Volve a acción a Cesantes. A tempada de kitesurf en Galicia arrinca esta próxima fin de semana coa disputa do Campionato Galego, proba que volve organizar por segundo ano consecutivo o TMKiteClub en colaboración co Concello de Redondela e que reunirá de novo a máis dunha trintena de participantes en augas da ría de Vigo.

O sábado disputarase o VIII Tríatlon Concello do Porriño

191 triatletas disputarán a oitava edición do Tríatlon Concello do Porriño, unha cifra que ratifica a capacidade de convocatoria que ten este evento deportivo.

Animación, música, actividades e moito recendo a flores na programación para o Corpus de Ponteareas 2023

Ponteareas xa recende a Corpus. A vila prepárase para celebrar unha nova edición da súa festa grande coas súas tradicionais alfombras florais, con moitas ganas e ilusión e cunha ampla programación na que animación, música, exposicións e recendo a flores serán as grandes protagonistas.

Redactados os proxectos de reforma integral da 1ª fase do antigo Sinde e a Escola de San Lorenzo

No día de onte, o Concello da Guarda recibiu o proxecto de rehabilitación integral da Escola de San Lorenzo de Salcidos, que será presentado como proxecto de obra no seguinte obradoiro de emprego.

Xornada lúdica de tenis de mesa en Baiona este sábado

A Concellería de Deportes de Concello de Baiona organiza unha actividade gratuíta de promoción e divulgación gratuíta de Tenis de Mesa. Trátase dunha xornada lúdica que terá lugar este sábado 27 de maio no pavillón municipal de deportes dende ás 10:00 h ata ás 12:00 horas.

Volve, un ano máis, o Rallye Recalvi Rías Baixas ao Porriño

O Concello do Porriño acolleu hoxe a presentación da 56 edición do Ralllye Recalvi Rías Baixas. O acto, que presidiu o alcalde, Alejandro Lorenzo, contou coa participación de Fernando Mouriño, presidente da Escudería Rías Baixas, José Vicente Medina, vicepresidente da RFEA, Abel Estévez, concelleiro de Deportes e José Manuel Freire, coordinador de Deportes da Xunta de Galicia.