Sábado, 15 Novembro de 2025

Comarcas

Dura etapa do circuíto galego de augas abertas Arzúa-Ulloa 2023 en Ponteareas

O sábado 10 de xuño celebrouse o VII Campionato Galego de augas abertas no río Tea, en Ponteareas. Ésta era a primeira das 8 etapas que compoñen o circuíto galego de augas abertas Arzúa-Ulloa 2023.

Aberto o prazo de inscrición para os campus deportivos de verán de Nigrán

O Concello de Nigrán, coa colaboración dos clubes do municipio, ofrece un ano máis desde finais de xuño a inicios de setembro nove modalidades de campus deportivos orientados a crianzas e adolescentes: tenis, baloncesto, patinaxe, rítmica, surf, vela lixeira, kaiak e paddel surf e fútbol.

Tomiño pon en marcha unha nova xornada de adopción de cans e gatos

A OMIX do Concello de Tomiño pon en marcha unha nova xornada de sensibilización e adopcións de cans e gatos, un evento co que se busca concienciar sobre a tenencia responsable de mascotas e fomentar a adopción de animais de compañía.

A Asociación de Empresarios de Redondela pide explicacións sobre o proceso de adxudicación da barra na Festa da Coca

Cinco días de verbena cunha barra no recinto cuberto deixa aos hostaleiros descontentos sobre a xestión municipal do evento. Consideran que eles están durante todo o ano pagando os impostos en Redondela e, que se permita a unha empresa foránea facer unha explotación dunha barra de venda de alcohol nun espazo público sen ter publicado unha bases para a súa adxudicación non é a mellor maneira de facer as cousas.

Nava Castro segue tendendo a man a ACIP para un goberno de coalición en Ponteareas

Nava Castro mantén a man tendida desde a mesma noite electoral cando se converteu na candidata máis votada e polo tanto a opción predilecta para a maioría da cidadanía de Ponteareas

Tomiño repite a súa particular Operación Triunfiño

Despois do grande éxito da primeira edición, a OMIX de Tomiño pon en marcha de novo o seu Operación Triunfiño, unha experiencia musical única cun completo programa no que a mocidade poderá aprender técnica vocal, desenvolver a súa actitude escénica e ampliar o seu repertorio.

Mondariz transformará a escola do Redo de Vilar nun centro comunitario

A Xunta de Goberno da Deputación vén de dar luz verde a unha achega da Liña 1 do Plan Concellos por preto de 70.000 euros (67.352 €) para Mondariz, que irá destinada á terceira fase da reforma integral da escola de Redo de Vilar, que está en proceso de converterse nun novo centro comunitario para a veciñanza da vila.

Milleiros de persoas visitaron A Guarda esta fin con motivo do Corpus

A Guarda acolleu, esta pasada fin de semana, a festividade do Corpus. Dende fai semanas moitas persoas traballaron con moito esforzo e dedicación na preparación dos diferentes materiais que se empregaron ao longo desta fin de semana na confección das alfombras florais.

Campus multideporte de verán en Covelo

O Concello de Covelo informa que, ata o vindeiro 14 de xuño, está aberta a inscrición para participar no campus multideporte de verán 2023. Do 26 ao 30 de xuño todas os nenos de 6 a 12 anos poden optar a unha das trinta prazas que oferta o Concello.

A Xunta elimina un punto de verquido de augas residuais en Baiona

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, eliminou un punto de vertido de augas residuais domésticas cara ao rego das Tres Regueiras, ao seu paso polo concello de Baiona.

BNG e PSOE chegan a un acordo para gobernar no Rosal

O BNG e o PSdeG-PSOE veñen de asinar un acordo para formar un goberno de progreso e consenso no Rosal, poñendo os intereses do municipio por riba de todo.

Ponteareas e A Orotava conmemoran os 40 anos de unión

Ponteareas e A Orotava conmemoran 40 anos de unión, de experiencias e tradicións compartidas no Corpus. A alcaldesa da vila, Cristina Fernández, presidiu a recepción oficial ás delegacións convidadas este ano a participar no Corpus Christi 2023 coas catro décadas de irmandade coa vila tinerfeña moi presente.