Mércores, 12 Novembro de 2025

Comarcas

Sube á bici en Covelo

O Concello de Covelo celebra a Festa da Bicicleta este sábado día 12 ás 19:30 horas. Con saída na praza Mestre Cerviño do centro urbano poderán participar todas as persoas que así o desexen sen mediar inscrición previa.

AGADIC trae a Pili Pampín en concerto a Tameiga

A Axencia Galega das Industrias Culturais, dependente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia, trae a Mos, ao parque de Costoias, o concerto da cantante galega Pili Pampín, enmarcado na programación da Festa de Santa Filomena, que organiza a Asociación Cultural San Martín de Tameiga.

A Deputación e o Concello das Neves avanzan no proxecto “Mulleres extramuros”

A Deputación de Pontevedra e o Concello das Neves dan novos pasos para a reactivación de “Mulleres extramuros”, o proxecto que achegará a arte contemporánea ao núcleo rural de Vide.

Curso de iniciación á informática na aula CeMIT do Porriño

Do 14 ao 28 de agosto a aula CeMIT do Porriño ofrece un curso para iniciarse na informática e internet dirixido a aquelas persoas que non teñan ningunha experiencia neste eido e queiran adquirir uns coñecementos básicos.

Nigrán estrea o sábado un megatobogán acuático na Ramallosa

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 12 de agosto unha das súas actividades estrelas deste mes para o público infantil e xuvenil: un megatobogán acuático de 65 metros de longo que discorrerá ao longo da rúa Damas Apostólicas (A Ramallosa) aproveitando a pendente desta estrada.

Unha unidade móbil de doazón de sangue estará este venres en Goián

Goián recibe a visita dunha unidade móbil da Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue esta semana. Mañá venres, 11 de agosto, o autobús da Axencia situarase na parada de autobús (na Carballeira) durante toda a tarde, en horario de 16 a 21 horas, para todas aquelas persoas que desexen achegar a súa pinga de solidariedade.

Ponteareas saca a licitación a obra de rehabilitación da nave de Aceros del Tea

O Concello de Ponteareas vén de sacar a licitación pública o proxecto urbanístico da obra de rehabilitación da nave de Aceros del Tea por un importe de 637.016,60 € (526.460 € + IVE).

Achégase o día grande das Festas do Monte 2023

Achégase o agardado domingo da Festa do Monte 2023, un evento emblemático que reúne á comunidade ao redor da rica historia e cultura de Galicia. Co obxectivo de garantir unha celebración segura e respectuosa, o Concello de A Guarda fai un chamamento aos asistentes a gozar da festa con responsabilidade e sentidiño.

María do Ceo ofrece o sábado o espectáculo “Galicia nai” na Cañiza

A cantante María do Ceo ofrecerá este sábado 12 de agosto un concerto que dará comezo, da man da Deputación, á programación da 57ª Festa-Feira do Xamón da Cañiza. A actuación, que se celebrará desde as 23:00 horas na praza Maior do concello, enmárcase no programa provincial “Musigal”.

Nigrán invita á cidadanía a pedalear para “prender” o cine ao aire libre

“A túa enerxía alimenta o cinema, pedalea para que prenda o proxector”. Esta é a premisa do festival de cine, deporte e medio ambiente 'Cinema a Pedal' que, por segundo verán consecutivo regresa a Nigrán novamente como única cita en España, nesta ocasión o sábado 12 de agosto desde as 22:00 horas no escenario ao aire libre do esteiro de A Foz.

Nueva York e Barcia de Mera unidos pola Danza Contact Improvisación

Esta danza postmoderna de improvisación naceu a principios dos ano 70 en Nueva York e supuxo unha revolución dentro do campo artístico da danza ao expresarse dun modo máis espontáneo a partir das posibilidades de cada corpo.

Últimos días para apuntarse na XXXVIII edición da popular carreira “Andar e Correr”

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Deportes, celebra o vindeiro domingo 20 de agosto unha nova edición de “Andar e Correr”, a carreira pedestre popular que é un referente da programación estival e deportiva na área metropolitana de Vigo e na comarca do Val Miñor.