Mércores, 12 Novembro de 2025

Comarcas

Éxito da sexaxésimo cuarta edición da Festa do Viño do Condado do Tea

Os días 25, 26 e 27 de agosto Salvaterra de Miño celebrou a LXIV Festa do Viño do Condado do Tea coa visita de público que proviña non só da nosa provincia senón doutros puntos da comunidade e tamén da península.

Baiona, capital da vela galega co Trofeo Príncipe de Asturias

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na presentación do 38º Trofeo Príncipe de Asturias que tamén porá en liza a 27ª Gestilar Ladies Cup, o Trofeo Presidente Xunta e o Trofeo Conde de Barcelona cunha totalidade de 80 barcos competindo de oito clases diferentes do 1 ao 3 de setembro.

O CEIP de Guillarei estreará este curso comedor escolar

O CEIP de Guillarei estreará no curso 2023/24 o servizo de comedor escolar tras as obras realizadas no centro cun investimento de 15 mil euros por parte do Concello de Tui con fondos propio.

Nigrán celebrará as festas do Bo Xesús de Priegue

O Concello de Nigrán organiza, xunto cun grupo de rapaces novos do municipio, a celebración das festas do Bo Xesús de Priegue, do venres 1 de setembro ao domingo 3, achegando 5.000 € a través da iniciativa ‘Música nas Parroquias’.

A campaña “Galicia sabe aMar” ten unha parada hoxe en Oia

A campaña “Galicia sabe amar” chega a Oia hoxe mércores, 30 de agosto, coas súas propostas gastronómicas, que teñen o obxectivo de promocionar o produto galego da terra e do mar.

Mos continúa promovendo o programa Cóidate

Desde o ano 2020 o Concello de Mos desenvolve o programa CÓIDATE. Desde a súa posta en marcha decenas de persoas veñen incorporando hábitos saudables personalizados e titorizados por un coaching.

Ponteareas presenta o programa das festas de setembro

A alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, presentou o cartel das festas de setembro, A Nosa Señora dos Remedios e San Miguel.

O goberno de Redondela visita Carballo para coñecer a súa experiencia en compostaxe

Unha delegación do Concello de Redondela encabezada pola concelleira de Sanidade e Medio Ambiente, Persoas Maiores e Infancia, Pilar Martínez, e o concelleiro de Infraestruturas e Sostibilidade, Roberto Villar, visitou a semana pasada o concello de Carballo para aprender da súa experiencia na xestión dos residuos orgánicos e na compostaxe.

As festas do Alivio de Tomiño enchen de actividades culturais o final do verán

As festas da Virxe do Alivio de Tomiño arrancan este 4 de setembro e prolongaranse ata o día 9 cunha programación cultural dirixida a todos os públicos, con propostas de contacontos, circo, teatro e espectáculos musicais.

Salvaterra triunfa no Cantabria o TOP TTR solares de bádminton

A pasada fin de semana celebrouse en Cantabria o TOP TTR solares de bádminton en distintas categorías, onde catro nenos salvaterrenses volveron destacar facendo unha brillante competición.

Novo aparcamento no casco urbano do Porriño

O Porriño suma preto dun cento de novas prazas de estacionamento gratuíto no casco urbano. No último ano e medio, dende o Concello estase a xestionar a consecución de diversas parcelas, mediante a sinatura de convenios cos seus propietarios, co fin de habilitalas como aparcamento público de vehículos.

Éxito do Campionato Galego de Pumptrack en Mondariz

Este sábado disputouse en Mondariz o Campionato Galego de Pumptrack, nun circuíto asfaltado e construído hai 2 anos, onde toda a semana foi un non parar de riders adestrando para o Campionato.