Martes, 11 Novembro de 2025

Comarcas

Tui celebra cun amplo programa de actividades as Xornadas Europeas da Cultura Xudía

Visitas guiadas, exposicións, conferencias, xornadas de debuxo, concertos, e gastronomía centran o amplo programa que ao longo do mes de setembro se vai celebrar en Tui baixo o título de “Setembro xudeu en Tui”.

Toriñán será o encargado de ler o pregón nas festas de Ponteareas

O Concello de Ponteareas da o pistoletazo de saída ás festas dos Remedios coa lectura do pregón por parte de Xose Antonio Touriñán, o cómico galego coñecido como “Touri”.

Baiona acolle o XXIV Festival Folclórico Baíña’23

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Festexos, informa de que a praza do Concello de Baiona acolle o XXIV Festival Folclórico Baíña’23. A Asociación Folclórica Airiños da Lagoa para conmemorar o aniversario do grupo fundado en Baíña fai xa máis de dúas décadas organiza o encontro.

Alberto Vilas presenta en Salvaterra de Miño o seu novo traballo

Cunha temática baseada na música popular galega Alberto Vilas presenta o seu novo traballo baixo o título “Once cancións e unha danza”.

Nigrán ofrece unha ruta de sendeirismo polo “Camiño do Ferro en Salamanca”

O Concello de Nigrán ofrece unha excursión para percorrer o "Camiño do Ferro" en Salamanca de dous días (15 e 16 de setembro) dirixida á veciñanza empadroada no municipio, cun custe de 78 €/persoa.

O Porriño rematará o ano coa conta das facturas pendentes de pago a cero desde 2016

Fai pouco máis de ano e medio, cando entrou o goberno actual no Concello do Porriño existían centos de facturas sen aboar, con data de 2016 en adiante, que sumaban un importe de 5,5 millóns de euros.

O Concello de Tomiño aclara que a reposición do posto de Tesourería é responsabilidade de Xunta e Ministerio de Facenda e Administracións Públicas

O Concello de Tomiño ten vacante o posto de Tesourería trala xubilación da persoa no cargo este mes de agosto. En previsión desta situación, no mes de xullo o Goberno municipal solicitou un concurso público de comisión de servizos ao que non optou ningunha persoa ante a falta por parte da Xunta dunha bolsa de interinidade con persoal coas oposicións superadas para poder proveer ás administracións locais en caso de necesidade.

O gran espectáculo de O Fiadeiro chega hoxe ao Pazo de Mos

O pazo de Mos acolle hoxe sábado ás 20:00 horas a actuación de O Fiadeiro Danza 3, o ciclo promovido pola Xunta de Galicia, o propio Fiadeiro, a formación Xacarandaina e Cantigas e Agarimos, que chega este ano á súa undécima edición difundindo a danza e a música tradicionais de Galicia.

Covelo apraza a súa Mostra de Produtos de Covelo para o sábado día 16 de setembro

O Concello de Covelo informa que hoxe sábado día 2 de setembro non se poderá celebrar a Mostra de Produtos de Covelo. Ante a previsión metereolóxica de néboa e chuvia o Concello decidíu adiar esta cita que se celebra de forma estable cada primeiro sábado de mes.

Redondela oferta roteiros durante o mes de setembro

A alcaldesa Digna Rivas salienta a "transversalidade" sobre a aposta do ecoturismo e o medioambiente co nacemento deste programa que comezou en xullo "con moi boa acollida por parte da veciñanza e visitantes que se achegan a Redondela".

Preto de 400 participantes na Nocturna do Porriño

Un total de 372 ciclistas tomarán mañá sábado as rúas do casco urbano de Porriño na tradicional Nocturna que se celebra cada ano no mes de setembro.

Baiona continuará ofrecendo visitas guiadas pola vila en setembro

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Turismo, informa da continuidade no mes de setembro das visitas guiadas gratuítas polo Casco Antigo da Vila.