Xoves, 18 Setembro de 2025

Comarcas

Chapela impónse a Redondela na «Batalla de galos»

Despois de tres horas de 'combate', o grupo de Chapela impúxose ao de Redondela na 'Batalla de Galos' organizada pola Concellería de Xuventude que xestiona Nacho González e no que participaron mozas e mozos de Redondela e Chapela. O 'combate' estivo regulado por un xurado composto por tres integrantes que velaron, en todo momento, por unha competición limpa e respectuosa.

Antonio García Teijeiro inaugura a nova tempada de «Venres D_letras» de Ponteareas

O próximo venres, día 10 de xaneiro ás 20:30 horas o ciclo literario 'Venres D_letras', organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas, retoma a súa actividade no Salón de Plenos da Casa do Concello. Para inaugurar esta nova temporada contará coa presenza do poeta e narrador Antonio García Teijeiro, un dos máximos representantes da Literatura Infantil e Xuvenil galega dos últimos anos, categoría na que recentemente foi recoñecido co Premio Nacional.

Ourense pon o peche á Copa de Galicia de Ciclocross

A provincia de Ourense foi o lugar elixido para poñer o peche á Copa Galicia de Ciclocross coa disputa das dúas últimas probas do calendario, carreiras que foran aprazadas no seu momento por culpa dos temporais de auga e vento que azoutaron toda Galicia no mes de decembro, o que levou a que se disputara o Campionato Galego de Ciclocross sen ter rematado a Copa Galicia.

A Guarda acolle o sábado a performance «Un violador no teu camiño»

A praza Avelino Vicente da Guarda será o escenario no que o sábado 18 de xaneiro, ás 12 horas, representese a performance 'Un violador no teu camiño', creada polo colectivo feminista chileno Las Tesis, nunha actividade organizada polo Taller de Lectura Feminista da Guarda.

Nigrán inicia 2020 coa pavimentación e humanización da rúa Vista ao Mar

A mesa de contratación do Concello de Nigrán, celebrada o pasado 2 de xaneiro, aduxicou as obras de Pavimentación e Humanización da Rúa Vista ao Mar (Lourido) por un importe de 42.896,61 € cunha partida provinte dos proxectos incluídos polo goberno de Nigrán no Plan Concellos 2019. A rúa é un dos accesos ao areal de Praia América e no que se concentran gran número de establecementos de hostalería.

A Guarda amplía a apertura da Aula de Estudo

O Concello da Guarda ven de anunciar a ampliación ata o vindeiro 16 de xaneiro da Aula de Estudo para que todas aquelas persoas que ao longo das vacacións de Nadal precisen dun espazo para poder estudar, acudan ata o Sinde vello.

«Nadal con Paio e Aurelio» encheu de nenos e nenas o Centro Cultural da Guarda

O pasado venres día 3 de xaneiro o Centro Cultural da Guarda acolleu o espectáculo 'Nadal con Paio e Aurelio', unha actividade enmarcada na Programación de Nadal 2019/20 do Concello da Guarda e que completou o aforo con centos de nenos e nenas que aproveitaron esta actuación para pasar unha tarde diferente e divertida.

A San Silvestre Solidaria de Ponteareas leva máis de dúas toneladas de axuda para as persoas máis necesitadas

'Cada ano, máis solidariedade'. Esta sería unha boa frase coa que definir a San Silvestre Solidaria de Ponteareas que, un ano máis, bateu un novo rédord de recadación de alimentos destinados ao Centro de Reparto Local e ás familias que máis o precisan.

Uns pulmóns de madeira queimada lembran dende hoxe, en Chandebrito, o horror da vaga de incendios do 2017

Concello de Nigrán, Comunidade de Montes de Chandebrito e Asociación de Veciños 'O Castro' inauguran mañá sábado 4 de xaneiro dende as 11,30 horas ao carón do 'Bosque da Memoria' a peza realizada polo colectivo 'Arte no Queimado' con motivo do segundo aniversario dos incendios na parroquia e que leva por título 'Rexurdimento'.

Redondela abre ao público o paseo do Rego das Maceiras

Despois de varias semanas de peche do paseo do Rego das Maceiras polos desbordamentos padecidos o 12 e 18 de decembro, que orixinaron problemas no trazado da senda peonil, a concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela decidiu na mañá de hoxe a apertura do paseo deste espazo natural moi utilizado pola veciñanza.

Os Reis Magos percorrerán Oia para visitar aos nenos e nenas

Os Reis Magos chegarán a Oia durante toda a xornada do domingo día 5 e percorrerán as distintas parroquias do municipio na tradicional cabalgata. As súas maxestades de Oriente irán facendo paradas no seu camiño para visitar ás nenas e nenos e constatar o ben que se teñen portado no último ano.

O Porriño cambia as luminarias dos pavillóns polideportivos e Piscina Municipal

O Concello do Porriño procedeu no día de hoxe ao cambio das luminarias tanto dos dous pavillóns polideportivos municipais coma da Piscina. En total serán 60 as luminarias que serán substituídas por outras LED de menor consumo e maior eficiencia enerxética.