Domingo, 4 Maio de 2025

Salvaterra de Miño

O CPA Condado de Salvaterra campión Galego de Grupos Show Junior

O pasado 10 de Abril celebrouse en Salceda de Caselas o Campionato Galego de Grupos Show Junior e Cuartetos, alí, o Club Patinaxe Artistica Condado, coa coreografía Unidade 630 revalidaba o título de Campión Galego na modalidade de Grupos Junior. Con esta vitoria, o grupo junior conseguía praza para participar no próximo Campionato de España que se celebrará en Alcoy o 7 e 8 de Maio.

Salvaterra inicia as obras da rede de saneamento en Ermitas e Couto, na parroquia de Salvaterra e Toucedo, na parroquia de Alxén

O Concello de Salvaterra de Miño segue coas obras de ampliación da rede de saneamento municipal, e nesa liña ven de iniciar as obras nos barrios de Ermitas e Couto, na parroquia de Salvaterra, e no barrio de Toucedo na parroquia de Alxén, con cargo o Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra.

Sae ileso un traballador tras precipitarse dentro dun pozo en Salvaterra de Miño

Un taballador foi rescatado ileso tras precipitarse ao interior dun pozo, esta mañá, no concello de Salvaterra de Miño. O 112 Galicia tivo constancia do feito mediante a chamada dun particular que avisou da caída dunha persoa nun pozo de, aproximadamente, cinco metros de altura e que se atopaba agarrado por una corda.

Salvaterra mellora a pavimentación en Bugallar e Cernadas, na parroquia de Lira

O Concello de Salvaterra de Miño iniciou, este pasado venres, as obras de mellora da pavimentación en Bugallar e Cernadas, na parroquia de Lira. Trátase de dous camiños de titularidade municipal que se atopan actualmente nun avanzado estado de deterioro, polo que se fará una renovación completa da capa de rodadura.

Salvaterra de Miño – Cidade 30

O Concello de Salvaterra de Miño adheriuse o 27 de xullo do 2020 á rede de Concellos Ágora polo Espazo Público, que pretende ser rede de acción institucional entre a Deputación e os municipios da provincia para realizar políticas de recuperación do espazo público co obxectivo principal de multiplicar o espazo destinado ás persoas no horizonte de 2023.

Salvaterra e Gondomar decretan dous días de loito oficial polo falecemento dunha muller e a súa filla e o seu fillo nun accidente de...

Os Concellos de Salvaterra de Miño e Gondomar, decretaron dous días de loito oficial polo pasamento da María Luisa Gondell Soliño, a súa filla Daniela e o seu fillo Beltrán nun accidente de tráfico acontecido na noite do venres na PO-510 no municipio de Salceda de Caselas.

Obras de saneamento en Grixó e Pombal, na parroquia de Alxén, e no Casco, en Fornelos

Nestes días iniciaronse as obras de saneamento nos Barrios de Grixó e Pombal na Parroquia de Alxén, así coma no Barrio de Casco, na Parroquia de Fornelos, obras que están incluídas dentro do Plan Concellos 2020.

Inspección Técnica de vehículos agrícolas en Salvaterra de Miño do 14 ao 16 de abril

O Concello de Salvaterra de Miño vén de poñer en coñecemento de todos os interesados e interesadas que a unidade móvil de inspección técnica de vehículos agrícolas desplazarase ao ao municipio paraq quedar instalado nas intalacións do campo de fútbol de Dextros entre o 14 e 16 de abril.

Salvaterra lanza, un ano máis, unha campaña de concienciación ante a vespa velutina

Pese a que por mor da situación sanitaria é imposible realizar as charlas informativas que o Concello de Salvaterra de Miño, que preside Marta Valcárcel, realizaba anualmente cara a concienciación sobre o problema que supón a vespa velutina, o Concello quere facer "unha chamada de atención á veciñanza sobre a importancia do trampeo neste momento".

Salvaterra pon a punto as instalacións do campo do Casal e do pavillón de Leirado cunha achega de 240.000 euros da Deputación

Salvaterra de Miño goza duns espazos deportivos renovados grazas a unha achega de preto de 240.000 euros da Deputación de Pontevedra. As obras realizadas ao abeiro do Plan Concellos permitiron a substitución da superficie de herba artificial do campo de fútbol de O Casal e a dotación dunha nova cancha deportiva de madeira no polideportivo de Leirado. Os deputados provinciais de Cooperación, Santos Héctor, e de Deportes, Gorka Gómez, supervisaron as actuacións xunto coa alcaldesa, Marta Valcárcel e o concelleiro de Deportes, Edgar Martínez.

O Concello de Salvaterra de Miño participará con fondos propios no segundo Plan de rescate da Xunta de Galicia

O Concello de Salvaterra de Miño, tras a reunión mantida entre a Xunta e os Alcaldes e Alcaldesas de Galicia, acorda a participación no 2º Plan de rescate a hostaleiros e autónomos, co fin de poder axudar dundun xeitoha forma áxil, eficaz e eficiente ao sector da hostalaría e autónomos.

Comezan as obras para o cambio de caldeiras a biomasa no Concello, Casa da Cultura e Xulgado

O Concello de Salvaterra de Miño e a Deputación de Pontevedra asinaron un convenio de colaboración, a mediados do ano 2019, para levar a cabo dentro do termo municipal as actuación recollidas no proxecto denominado "Substitución e instalación de caldeiras de biomasa".