A Deputación de Pontevedra non cesa a súa aposta polas industrias creativas e o deporte. Co obxectivo de facer chegar a súa programación cultural e deportiva a todos os recunchos da provincia e democratizar así as actividades lúdicas, o ente provincial ten programadas ata 10 actividades en 9 concellos do territorio para esta terceira fin de semana de agosto.
O departamento de Lingua da Deputación vai levar a dez concellos da provincia unha peza teatral que revive a nenez de Rosalía de Castro. ‘Rosalía. O lugar onde medran as poetas’, unha peza dirixida por Fina Calleja e producida por Culturactiva.
Volve o rock a Ponteareas. SonDaRúa e MClan son os cabezas de cartel dunha nova edición do festival Rock in Río Tea, que se desenvolverá no parque da Feira Vella o venres 27 e o sábado 28 deste mes. A Asociación Rock in Río Tea, o Concello de Ponteareas, e a Deputación de Pontevedra organizan este evento que terá entrada de balde, pero con aforo limitado.
O certame de relatos breves Remata o Conto que organiza o Concello de Ponteareas, e a Federación de comercio, hostalaría e servizos de Ponteareas (Banastra) xa ten gañadoras. Teresa Ríos gañou o primeiro premio, Laura Domínguez o segundo, e Carmen Lemos o terceiro. O concelleiro de Cultura e Lingua e membro de xurado, Fernando Groba, destacou a “calidade literaria, a orixinalidade, a corrección lingüística, e a adecuación ao tema” das tres gañadoras.
O sábado 14 de agosto a praia da Freixa vestíase de gala para dar acollida á V Travesía a nado 'Vila do Tea', a primeira etapa do Circuíto Galego de Augas Abertas 2021, cunhas condicións meteorolóxicas ideais para a práctica da natación en augas abertas. Os máis de 200 nadadores e nadadoras inscritos constituían o récord de participación da proba.
O goberno de Ponteareas (BNG-PSOE) presentou onte ás asociacións e colectivos da vila o proxecto do primeiro Centro Cívico de Ponteareas que ofrecerá máis de 900m2 para servizos de alta demanda e espazos para mocidade, infancia, asociacións e colectivos e para a realización de obradoiros, cursos ou exposicións. “O primeiro edificio público destas características en Ponteareas posibilitará o encontro da cidadanía e apoiará o asociacionismo con espazos versátiles e flexíbeis”, explicou a alcaldesa Cristina Fernández Davila na presentación da reunión.
A Plataforma N-120 de Ponteareas vén de facer público un escrito no que lamentan a falta de xestión do Concello ante o que cualifican de "proxecto fantasma" de reforma da estrada. Esa inacción, sinala a plataforma, contrasta coa actitude do alcalde da Cañiza, Luis Piña (PSOE), ao que queren felicitar públicamente "pola magnifica xestión" que levou a cabo en favor da estrada nacional 120 ao paso polo seu municipio.
O Concello de Ponteareas, a través da concellaría de Medio Ambiente que dirixe Rosa Covelo Alonso, comezou a esterilización das 17 colonias felinas que hai na vila. Nestas semanas xa hai dúas completamente tratadas, e xa se comezou a capturar aos gatos dunha terceira. “Priorizamos as intervencións nos espazos que acumulan máis queixas da veciñanza, sexa por problemas sanitarios, ruídos, alimentación…”, explica a edil.
Dende esta semana é posible obter o certificado COVID e a Chave 365 no Centro de Servizos Sociais de Ponteareas, no número 10 da rúa Oriente en horario de 08.00 a 14.30 horas. O Concello cedeu este espazo á xerencia do Sergas da Área Sanitaria de Vigo para poder ofrecer este servizo aos veciños e veciñas da vila e tamén da comarca.
Ponteareas será un lenzo en branco para os pintores e pintoras galegas esta fin de semana. Un lugar onde inspirarse e descubrir novas creacións artísticas. A vila estrea a primeira edición da mostra PonteArt que organizan a Federación de comercio, hostalaría e servizos de Ponteareas –Banastra– e o Concello, co obxectivo de achegar “a toda a veciñanza ás artes pictóricas”, destaca a alcaldesa, Cristina Fernández Davila.
O Concello de Ponteareas, a través do concelleiro de Cultura, Fernando Groba, quere felicitar ao veciño Sergio de Arcos polo seu primeiro premio no concurso de banda deseñada que organiza a escola O Garaxe Hermético.
Ponteareas quere que os nenos e nenas da vila aprendan a xogar da maneira que aprenderon os seus avós e avoas. A concellaría de Cultura, que xestiona Fernando Groba organiza ao longo deste mes catro xornadas de xogos tradicionais en varios espazos do municipio para “aprender xogando”, expón o concelleiro.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.