Xoves, 10 Xullo de 2025

Ponteareas

O programa ‘Coñece Ponteareas’ lévanos tras os pasos do Mestre Cerviño polo centro urbano

O programa ‘Coñece Ponteareas’ regresa esta fin de semana cunha nova proposta para seguir afondando na historia da vila.

Este xoves, as risas encherán Ponteareas grazas ao Cine na Rúa

O Cine na Rúa volve a Ponteareas este xoves coa proxección da comedia para todos os públicos e dirixida por Santiago Segura, “A todo tren. Destino Asturias”. Será no Parque Feira Vella ás 22.00 horas.

Éxito para Miguel Martínez e Irene Peiteado na VI Travesía Vila do Tea

O vigués Miguel Martínez, do club madrileño Real Canoe, adxudicouse a sexta Travesía Vila do Tea, proba puntuable para o circuíto galego e para a Copa de España de augas abertas, que viviu a súa edición máis multitudinaria este domingo 21 de agosto.

Cultura24 ameniza a fin de semana en Cumiar cun espectáculo de maxia

Co firme obxectivo de dinamizar e encher de vida as parroquias, o programa Cultura24 de Ponteareas regresa esta fin de semana cunha programación de lecer gratuita e dirixida especialmente a público familiar.

As análises da Confederación Hidrográfica descartan a contaminación da auga na Freixa

Tras as manchas aparecidas nos últimos días na superficie da auga da Praia Fluvial da Freixa, o Concello de Ponteareas iniciou unha investigación xunto ao Seprona e axentes medioambientais da Confederación Hidrográfica, que tomaron mostras da auga para proceder á súa análise.

Chega a VIII edición do Festival de Fontes e Muiños, cun percorrido polos mananciais de Santiago de Oliveira

A parroquia de Santiago de Oliveira prepárase para celebrar o seu Festival de Fontes e Muiños. Nesta oitava edición, a homenaxeada será a ‘Fonte do Aguito’.

O folk de Voces de Arrieiro chega a Guláns ao abeiro do programa Cultura24

Fin de semana musical ao abeiro do Cultura24, co que a Concellaría de Cultura continúa a levar actividades culturais de balde ás diferentes parroquias do municipio.

Ponteareas celebra o sábado unha Xornada do Traxe Tradicional

Esta fin de semana o traxe tradicional galego será o protagonista dunha homenaxe na parroquia ponteareá de Santa María de Areas.

Volve o Cine na Rúa a Ponteareas este xoves ás 22.30 horas

O Cine na Rúa volve a Ponteareas e este xoves a vila do Tea vivirá unha xornada adicada á gran pantalla. O Concello proxectará ás 22.30 horas a película do galego Dani de La Torre, “Live is Life. La gran aventura” na praza Bugallal.

Comezan os preparativos para acoller a X edición do Festival Groba en Ponteareas

O Festival Groba celebra, dende este sábado, o seu décimo aniversario cunha programación acorde a esta data tan sinalada, cun gran número de intérpretes de recoñecemento internacional e innovadoras iniciativas formativas.

Grande éxito do V Festival Internacional de Teatro de Rúa en Ponteareas

As rúas e prazas de Ponteareas enchéronse de ledicia no Festival Internacional de Teatro de Rúa. O teatro, a música e o circo, ademais dos sorrisos do público, foron os protagonistas nas rúas ponteareás durante os catro días nos que se celebrou o festival que acaba de pechar a súa quinta edición.

Os accesos á Praza de Ponteareas estarán pechados ao tráfico rodado os vindeiros martes e mércores

O Concello de Redondela, a través da Concellería de Tráfico e Seguridade que dirixe Nacho González, vén de poñer en coñecemento de toda a veciñanza que os vindeiros martes e mércores, 9 e 10 de agosto, procederase ao peche do tráfico rodado na contorna da Praza de Ponteareas.