Mércores, 16 Xullo de 2025

Ponteareas

Ponteareas crea 15 novas prazas de estacionamento para persoas con mobilidade reducida

O Concello de Ponteareas vén de crear 15 novas prazas de estacionamento para persoas con mobilidade reducida. Unha parte importante delas están situadas a carón das entradas ao centro peonil, de maneira que as persoas usuarias poden estacionar sen limitación horaria e desprazarse a pé ou en cadeira de rodas sen atrancos nin barreiras por numerosas rúas peonalizadas.

Teatro e danza para camiñar cara a igualdade real este Día Internacional da Muller en Ponteareas

As mulleres son as protagonistas este mes de marzo en Ponteareas. Ao abeiro do 8M, Día Internacional de Muller, o Concello preparou unha programación cultural e de autocoidado coa que devolver espazos ás mulleres, visibilizar a loita pola igualdade real e efectiva e promover novos modelos de relacións simétricas.

Ponteareas prepárase para gozar dunha nova edición de ‘AndaGuláns’

Todo listo na parroquia de Guláns para acoller unha nova edición da súa andaina máis agardada. A Asociación Artística e Cultural de Guláns en colaboración co Clube de Montaña Xistra e coa Federación Galega e Montañismo e co apoio do Concello de Ponteareas organiza a sétima Andaina de Guláns, 'AndaGuláns', o vindeiro domingo 12 de marzo.

Ponteareas camiña hacia unha igualdade real e efectiva

A desigualdade entre homes e mulleres é un problema estrutural que esixe unha resposta social unánime, por iso, este 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o Concello de Ponteareas quere dar novos pasos.

O Concello pide explicacións ao Centro de Saúde de Ponteareas polo retraso na atención dunha emerxencia

O Concello de Ponteareas pediu explicacións á Coordinadora do Centro de Saúde de Ponteareas pola falta de ambulancia e o retraso na atención a unha persoa que sufriu un infarto nunha vivenda do centro urbano e finalmente faleceu o pasado luns 27 de febreiro a primeira hora da tarde.

Ponteareas incentiva o uso do galego na actividade económica co Premio ‘Ponteareas, lingua e empresa’

O Concello convoca unha nova edición do premio ‘Ponteareas, lingua e empresa’, unha iniciativa que busca “promover o uso da lingua galega na actividade económica da vila, estender o seu uso nas relacións laborais, comerciais e empresariais e recoñecer publicamente a contribución ao aumento e mellora do uso social do galego desde este sector”, como explican o concelleiro de Lingua, Fernando Groba.

Ponteareas pon a punto varios parques da vila e de centros educativos

O Concello continúa a realizar melloras nos diferentes centros educativos de Ponteareas, “un investimento en ensino que é unha prioridade para o Goberno municipal e que, dentro das nosas competencias, tentamos realizar a miúdo para mellorar aínda máis as instalacións e conseguir un ambiente agradábel para o alumnado”, como explica a alcaldesa e concelleira de Ensino, Cristina Fernández.

O Goberno ponteareán desminte os “bulos calumniosos” que responsabilizan ao Concello dunha morte por infarto

O Goberno municipal de Ponteareas desminte categoricamente os "bulos calumniosos" que dende última hora de onte difundíronse nun medio de comunicación e en redes sociais responsabilizando ao Concello dunha morte por infarto ocorrida nunha vivenda da rúa da Esperanza.

Novo maillot do Club Ciclista Ponteareas con Lynalfa como patrocinador oficial

O Club Ciclista Ponteareas e o Grupo Asegurador Lynalfa unen forzas, para as vindeiras catro tempadas, despois do acordo de patrocinio que asinaron o pasado sábado 25 de febreiro en Ponteareas.

Iniciadas na Avenida de Galicia as obras do paso elevado do camiño escolar seguro

As obras do camiño escolar seguro entran na súa fase final co inicio das obras do paso de peóns sobreelevado na Avenida de Galicia, entre os Xardíns da Xiralda e a rúa Trobador Xoán García.

A Feira de Oportunidades desembarca na Praza Maior

Concello e Banastra unen unha vez máis forzas para apoiar ao comercio local de Ponteareas. A Praza Maior acolle, esta fin de semana, unha nova edición da Feira de Oportunidades, unha gran festa aberta a toda a veciñanza.

Ponteareas mostra no centro urbano o seu ‘Metrominuto’ e os cambios realizados en zonas peonís

O Concello de Ponteareas vén de instalar unha decena de paneis informativos nas principais áreas peonís do centro urbano que inclúen datos e información dos tempos de percorridos urbanos a pé, das áreas peonís e parques públicos e das zonas de aparcamento.