Sábado, 24 Maio de 2025

Ponteareas

Ana Fernández Melón presenta en Ponteareas a súa obra ‘1977-2023’

Ponteareas continúa este mércores co seu ciclo ‘Abril, mes do libro’ cunha nova presentación, a de Ana Fernández Melón e a súa obra ‘1977-2023’, un poemario do que resulta un rosario de vivencias e un manual para resistir e sobrevivir.

Chega o Plan de mellora de camiños rurais 2023-2024 da Xunta a O Condado e A Paradanta

A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, destina unha achega de 524.624 euros a prol dos nove concellos das bisbarras do Condado e A Paradanta ao abeiro do Plan de mellora de camiños rurais 2023-2024.

Ponteareas remata a mellora da eficiencia enerxética do centro municipal de Canedo

O Concello de Ponteareas avanza na mellora dos edificios municipais para facelos máis sostíbeis e eficientes enerxeticamente.

O Concello de Ponteareas inaugurará o luns 3 de abril o remodelado skatepark con exhibicións e obradoiros

Ponteareas inaugurará o seu recentemente remodelado skatepark. O Concello organiza o vindeiro luns 3 de abril unha xornada de cultura urbana coa que se estrearán as instalacións, reacondicionadas polo Goberno municipal co obxectivo de dotar ao skatepark situado no Parque das Pombas de maior atractivo e diversión, aumentando así o número de usuarios e usuarias que gocen deste novo espazo.

Unha investigación de Roberto Mera sobre a figura de Amado Garra, gañadora do IX Premio ‘Fermín Bouza Brey’

O xurado do IX Premio de Investigación Fermín Bouza Brey vén de outorgar o galardón da súa novena edición a Roberto Mera por “un interesantísimo proxecto biográfico” sobre a figura de Amado Garra Castellanzuelo, unha investigación coa que se busca recuperar a figura dun persoeiro ponteareán de gran calado e importancia a nivel galego “pero que é un gran descoñecido para a veciñanza”.

Silvia Fernández Táboas, primeira muller presidenta da Banda de Música Xuvenil de Xinzo

Desde este semana, a Banda de Música Xuvenil de Xinzo conta cunha nova directiva na que destaca a súa presidenta, xa que, coa súa incorporación, Silvia Fernández Táboas converteuse na primeira muller que ostenta o cargo desde a fundación da agrupación.

Cruz Vermella lanza unha campaña para promover o voluntariado no Condado

Cruz Vermella vai desenvolver durante as próximas semanas unha campaña co obxectivo de promover o voluntariado para os seus programas en Ponteareas. As accións da campaña deron comezo esta semana con charlas informativas en centros educativos de Ponteareas coma o IES Barral e o CPR Santiago Apóstol, e seguirase con diferentes acciones de divulgación durante todo o mes. Entre elas, vanse repartir carteis e folletos sobre o voluntariado nos establecementos comerciais da Comarca.

Ponteareas en común presenta a súa candidatura o vindeiro sábado 1 de abril na sala multiúsos do Auditorio Reveriano Soutullo

A candidatura, encabezada por Manoel Ucha e Patricia Pardo, está formada por persoas procedentes dos movementos sociais, apostando deste xeito por conectar o traballo social de base coas institucións, algo fundamental no traballo cotiá deste espazo político. Ambas organizacións presentan unha candidatura formada por perfís moi diferentes, pero co propósito común de traballar pola mellora das condicións de vida das persoas e o coidado do entorno.

Ponteareas sae á rúa para concienciar sobre o autismo

Ponteareas súmase este 2 de abril á conmemoración do Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo saíndo á rúa. O Concello e a asociación Familias Azuis organizan este domingo a partir das 12.00 horas na Praza Maior un acto co que “aumentar a conciencia social sobre o Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) para que a veciñanza saiba que con pequenos xestos todas e todos podemos contribuír á inclusión de persoas con este trastorno”, como sinala a concelleira de Benestar Social, Verónica Carrera.

En abril, libros mil en Ponteareas

Abril volve ser o mes dos libros en Ponteareas. O Concello conmemorará un ano máis o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, que se celebra o vindeiro 23 de abril, cun ciclo de presentacións de obras de escritores e escritoras da comarca ou de Galicia, moitos deles e delas vinculados á vila. Como sinala o concelleiro de Cultura, Fernando Groba, con esta iniciativa “ademais de homenaxear un dos soportes vitais a través dos que se transmite a cultura, buscamos destacar a importancia da creación literaria en todos os xéneros e para a todas as idades e a gran canteira coa que contamos en Ponteareas”.

Ponteareas suma as súas vivendas de emerxencia como recurso social coa aprobación do novo regulamento

O Concello de Ponteareas aprobou por unanimidade este martes en pleno a Ordenanza reguladora dos criterios de adxudicación, normas de funcionamento e utilización das vivendas de emerxencia social, un regulamento que actualiza o que se viña empregando ata o de agora e “co que se aborda a realidade actual”. “A ordenanza actual, que data de 2016, entende as vivendas sociais como lugares que se alugan ou venden a un prezo que non se rexe polo mercado para establecer un domicilio definitivo.

O Condado Paradanta analiza a transición ecolóxica no territorio

O GDR Condado Paradanta organiza un ciclo de tres xornadas para debater sobre a transición ecolóxica no territorio. A iniciativa enmarcase dentro da nova fase da elaboración da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa (EDLP), do programa LEADER para o período 2023–2027, e que xa comezou no segundo semestre do pasado ano.