A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández, presentou ao alumnado de Ensinanza Secundaria para Adultos (ESA) o ciclo de conferencias da VII Semana das Ciencias.
O programa Cultura24 continúa levando actividades de lecer ás parroquias de Ponteareas. O vindeiro domingo 16 de abril a Casa Cultural Irmáns Barcia de Padróns acollerá a actuación da Charanga SDK, que fará gozar ao público coa súa música e animación á partir das 16.00 horas.
A rapazada de Ponteareas, máis de 400 alumnos de todos os institutos da vila, acompañada da alcaldesa Cristina Fernández, reuníronse hoxe no auditorio municipal para coñecer a vida do matemático e xeógrafo Domingo Fontán.
O auditorio municipal de Ponteareas reabre as súas portas. Este venres 14 de abril as instalacións volverán abrirse ao público tras as obras realizadas polo Concello para a impermeabilización e reparación dos graves danos causados polas filtracións tras unhas obras de executadas incorrectamente en 2010 e que obrigaron ao peche deste espazo hai dous anos para garantir a seguridade dos usuarios.
A literatura volve cobrar protagonismo esta semana en Ponteareas ao abeiro do ciclo de presentacións ‘Abril, mes do libro’. Este xoves 13 de abril o encargado de subirse ao escenario será Fran Fernández Davila, que achegará ao público a súa nova obra, O bosque do duque.
Un roteiro para saber máis sobre o protagonismo de Ponteareas na historia da lingua galega. O Concello organiza o vindeiro venres 14 de abril unha visita libre e gratuíta que terá como cicerone a un dos fillos máis ilustres da vila, Fermín Bouza Brey.
O Concello de Ponteareas organiza unha excursión á illa de Sálvora, a menos coñecida de todas as que integran o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e un espazo cheo de natureza, cultura, historia e lendas.
Nova sesión do Programa Apego, que regresa a Ponteareas cunha nova historia coa que a cativada poderá pasar unha divertida tarde de lecer e descubrimentos en lingua galega.
Gran participación do Club Natación Ponteareas no Campionato de España Absoluto Open celebrado a pasada fin de semana en Mallorca. Unha cita clasificatoria para os campionatos de Europa e do Mundo junior, que se disputarán en Belgrado e en Fukuoka o vindeiro verán
As parroquias de Ponteareas continúan acollendo os novos cursos de balde postos en marcha polo Concello para achegar as actividades lúdicas e didácticas aos diferentes centros e casas culturais.
O Concello de Ponteareas renovou as luminarias dos dous pavillóns do Complexo Deportivo Álvaro Pino, substituíndo as que se estaban empregando ata o momento de haloxenuro metálico por novas de tecnoloxía LED.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.