Venres, 23 Maio de 2025

Ponteareas

Miguel Indurain e Álvaro Pino darán o pistoletazo de saída á Marcha Cicloturista Sestelo Clásica Álvaro Pino

Como en pasadas edicións, o sábado 13 de maio, día previo á marcha, a partir das 17 horas, terá lugar a Feira do Corredor na Praza de Bugallal de Ponteareas, que este ano promete ser a máis espectacular das realizadas ata a data.

Ponteareas opta a fondos europeos para a posta en valor do xacemento arqueolóxico de Troña

O Concello de Ponteareas postulouse para obter fondos europeos cos que levar adiante un novo proxecto para a creación dun espazo multifuncional aberto á veciñanza que albergará un Centro de Interpretación e de recepción de visitantes do Castro de Troña.

As panadarías de Ponteareas repartirán bolsas para conmemorar o Día das Letras Galegas

Ponteareas levará o Día das Letras Galegas a todos os fogares. O Concello, como vén facendo dende hai varios anos, divulgará a figura do escritor homenaxeado este ano o 17 de maio, Francisco Fernández del Riego, a travéa de bolsas de pan conmemorativas que embolsarán e repartirán as panadarías locais.

A Cañiza, Ponteareas e O Porriño reciben axudas para o mantemento do Servizo de Normalización Lingüística municipal

O servizo de Lingua da Deputación de Pontevedra vén de conceder cinco subvencións para apoiar o mantemento dos Servizos de Normalización Lingüística (SNL) dos concellos da provincia por un total de 124.853,34 euros neste exercicio de 2023.

Ponteareas pon en marcha a recuperación do torreiro de Guláns cun proceso participativo

Representantes de colectivos sociais, ANPA e dirección do CEIP Feliciano Barrera e veciñanza participaron este martes nun encontro participativo na biblioteca do centro educativo na que se deron as primeiras pinceladas do proxecto de recuperación do torreiro de Guláns.

Ioga na rúa para un lecer saudable en Ponteareas

Ponteareas prepárase para unha fin de semana de lecer saudable. O Concello organiza este sábado 13 de maio unha sesión de ioga na rúa, unha clase aberta a todas as idades e a todos os públicos que terá lugar ás 19.30 horas na Paza da Música, na praza situada enriba do auditorio municipal.

A Casa Cultural de Couso, aberta xa a toda a veciñanza

A Casa Cultural de Couso xa está aberta para o goce da veciñanza. O Concello vén de rematar as obras de recuperación deste edificio de grande importancia para o barrio de Guláns, un inmoble construído en 1950 que se atopaba en moi mal estado.

Ponteareas repara os estragos causados polas inundacións nas pontes das Partidas e San Roque

O Concello de Ponteareas vén de rematar as obras de reparación e recuperación das pontes das Partidas e de San Roque, devolvendo así estas dúas infraestruturas históricas á súa morfoloxía orixinal tras os estragos sufridos durante as inundacións do pasado mes de decembro e xaneiro e que afectaron fundamentalmente ao peitoril de ambos monumentos.

O fútbol sala ponteareán, en moi boa forma

O fútbol sala ponteareán atópase nun momento de grande esplendor, cun crecemento notábel e grandes logros por parte das e dos deportistas de base.

A obra de teatro ‘N.E.V.E.R.M.O.R.E’ chega a Ponteareas

Fin de semana de teatro en Ponteareas. Este sábado 13 de maio desembarca no auditorio municipal Reveriano Soutullo ‘N.E.V.E.R.M.O.R.E’, unha obra de teatro de Chévere que lembra a traxedia do Prestige despois de dúas décadas.

Grande acollida do libro de Esther Sestelo, no que enxalza o Corpus de Ponteareas e as súas alfombras florais

O Corpus Christi de Ponteareas quentou motores esta fin de semana coa presentación do novo libro de Esther Sestelo Longueira, Clara e o seu diario, nunha experiencia marabillosa, un acto que tivo unha grande acollida por parte do público, que se achegou ata a sala multiúsos do auditorio municipal para gozar desta obra que enxalza a festividade do Corpus e as súas alfombras florais.

A Xunta solicítalle de novo a Ponteareas a documentación necesaria para as obras da 1ª fase do saneamento de Ribadetea

A Xunta vén de reiterarlle ao Concello de Ponteareas a solicitude da documentación municipal necesaria para impulsar as obras da 1ª fase do saneamento da parroquia de Ribadetea.