Venres, 9 Maio de 2025

Ponteareas

Ponteareas remata a mellora do vial entre o campo de fútbol de Moreira e a estrada provinicial

A Concellería de Vías e Obras que xestiona Chus Garrote executou nestes días as obras de pavimentación do camiño do campo de fútbol Moreira EP-4005 adxudicadas por un total de 53.274,94 € a través dun concurso público aberto.

ACiP leva ao xulgado “a negativa” do Goberno local de facilitarlles acceso á información do Concello

ACiP vén de anunciar a presentación, o pasado día 25 de novembro, dunha denuncia no Xulgado do Contencioso Administrativo Nº 1 de Pontevedra contra o Concello de Ponteareas "ante a negativa reiterada do alcalde de dar acceso a expedientes solicitados en base ao artigo 14 do Regulamento de Organización e Funcionamento das Administracións Públicas (ROF).

O Club Natación Ponteareas presenta os equipos para a tempada 2019-2020

O Club Natación Ponteareas presentou a súa tempada 2019-2020 nun acto celebrado no auditorio municipal Reveriano Soutullo e que contou coa presenza do alcalde de Ponteareas, Xosé Represas; a concelleira de Deportes, Nahir Covelo e a concelleira de vías e Obras, Chus Garrote.

O Secretario Municipal avala a compatibilidade de Roberto Mera

O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, deu a coñecer o informe do asesor xurídico e actual secretario municipal do Concello, que avala a legalidade da autorización dada polo Pleno ao edil Roberto Mera para compaxinar o exercicio da avogacía coa súa adicación no goberno municipal. O informe xurídico sinala que "o recurso de Belén Villar debe ser rexeitado".

Ponteareas abre o «Divernadal», un espazo lúdico para nenos e nenas

O concello de Ponteareas, a través das Concellerías de Eventos e de Promoción Económica, convida a todas as familias a participar nunha nova edición de Divernadal. Todos os sábados de decembro dende as 17 ata as 19 horas as máis pequenas e pequenos dos fogares poderán atopar baixo a carpa da Praza Maior un espazo de lecer donde aprender e divertirse.

A mocidade de Ponteareas paricipou no VII Foro Infantil UNICEF-Parlamento de Galicia

A tenenta de alcalde e concelleira de Ensino, Cristina Fernández e o concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó, acompañaron onte ao alumnado de Ponteareas que participou no 'VII Foro Infantil UNICEF-Parlamento de Galicia', celebrado no Salón de Plenos da Cámara galega coa intervención de representantes dos consellos locais de participación infantil e adolescente dos municipios galegos.

A ponteareá Sabela Martínez Viéitez recibe un premio no concurso de relato e debuxo contra a violencia de xénero

A alumna de 3º da ESO do CPR A Inmaculada, Sabela Martínez Viéitez, recolleu onte no auditorio Afundación en Pontevedra o premio do III concurso de relato e debuxo contra a violencia de xénero organizado pola Subdelegación do Goberno nesta cidade.

Ponteareas abre, o luns 25, a inscrición para a Cabalgata dos Reis Magos

A concellería de Eventos que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández vén de dar conta que, dende o luns día 25, todas as familias interesadas poderán inscribir no Rexistro de Entrada da Casa do Concello aos seus fillos e fillas para participar na tradicional cabalgata dos Reis Magos que se celebrará o domingo 05 de xaneiro de 2020 e que percorrerá as rúas do centro urbano.

Ponteareas convoca novas axudas de apoio á creación e consolidación de emprego

O concello de Ponteareas abre o prazo para as axudas de apoio á creación e consolidación de emprego por parte da iniciativa privada na localidade. A subvención foi publicada no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO) de onte, 21 de novembro, e a cuantía ascende a 39.000 €

Ponteareas, sempre solidaria

O Goberno de Ponteareas, representado polo Alcalde Xosé Represas e a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Verónica Carrera, mantiveron un encontro coa presidenta de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, Maite Isla, para a sinatura do convenio que permite desenvolver no concello o programa 'Vacacións en Paz' que cada ano facilita o acollemento de nenos e nenas saharauís.

O PSOE de Ponteareas agradece que o Goberno socialista en funcións apoie ao municipio con máis de 7 millóns de euros

Hai unha semana, o Consello de Ministros aprobaba a modificación do convenio coa Sociedade Estatal de Augas das concas de España para a execución da ampliación da depuradora de Ponteareas. Esta obra de máis de 7 millóns de euros financiarase nun 60 % polo Estado a través da Unión Europea, un 20 % polo Concello de Ponteareas e outro 20 % pola Xunta, a través dun convenio pendente de asinar.

Ponteareas abre o proceso de participación para a humanización de tres novas rúas

O Concello de Ponteareas vén de abrir o proceso de participación para o deseño das rúas Daniel Ojea, rúa dos Mestres e rúa Vázquez Fraile, para o que convocou á veciñanza da zona a unha reunión que terá lugar este venres, día 22 de novembro, ás 20:30 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello.